consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Any Llull. Programa internacional para conmemorar o 700 aniversario da morte de Ramon Llull
xornada | Colexio de Fonseca, 10 de novembro de 2016
Información

O Consello da Cultura colabora na conmemoración do Any Llull en Santiago de Compostela cunha xornada de análise e debate sobre a figura do escritor e pensador catalán Ramon Llull, organizada pola Area de Filoloxía de Catalá (Departamento de Filoloxía Galega) da USC.  Esta actividade, que conta tamén coa colaboración do Institut Ramon Llull, forma parte dun amplo programa de actos enmarcados no Any Llull (2015-2016), que conmemora o 700 aniversario da morte do creador do Llibre d’amic e amat.


 


Ramon Llull é un dos escritores e pensadores máis salientables da Idade Media, non só dos territorios de fala catalá, senón de toda a tradición europea. As súas achegas foron relevantes nos diversos ámbitos do saber da súa época: filosofía, teoloxía, dereito, medicina, a astronomía, a retórica ou lóxica. Ademais, creou unha sólida obra literaria que debemos situar nos inicios da tradición literaria catalá e que inclúe títulos emblemáticos como o Blaquerna —co Llibre d’amic e amat—, o Llibre de les bèsties ou o Llibre del gentil.


 


 


 


 


Inauguración
Data de celebración: 2016-11-10 16:00:00

Libros, viajes y disputas: aproximación a Ramon Llull
Data de celebración: 2016-11-10 16:15:00

Joan Santanach (comisario do Any Llull e profesor da Universitat de Barcelona)


Llull y la conversión de los infieles: caballeros y clérigos
Data de celebración: 2016-11-10 17:00:00

Josep Lluís Martos (profesor da Universitat d’Alacant)


Ramon Llull na erudición e investigación galegas
Data de celebración: 2016-11-10 18:15:00

Moderador: Andratx Badia

18.15 h 
Miguel Álvarez Soaje (Doctor en Historia da Ciencia, USC): Filósofos o alquimistas: un foco lulista en la Galicia de la Ilustración

18.40 h 
Martín González Fernández (Profesor da Universidade de Santiago de Compostela): L’ull de la raó

19.00 h 
Fernando Domínguez Reboiras (Raimundus-Lullus-Institut, Universität de Friburgo, e ‘magister’da Maioricensis Schola Lullistica): El singular lenguaje filosófico luliano


El Verger de l’Amat
Data de celebración: 2016-11-10 20:00:00

A cargo da actriz Montse Germán e do músico Ferran Pisà, a partir do Llibre d’Amic e Amat de Ramon Llull


Ficha técnica
Modera
» Andratx Badia
Participante
» Miguel Álvarez Soaje
» Fernando Domínguez Reboiras
» Montse Germán
» Martín González Fernández
» Ferran Pisà
Relator/a
» Josep Lluís Martos
» Joan Santanach
Colabora
» Consello da Cultura Galega
Organiza
» Universidade de Santiago de Compostela
Participantes
»
»
»
»
»
»
Lugar de celebración

LUGAR
Salón Nobre
Colexio de Fonseca
Praza de Fonseca, s/n
15705 Santiago de Compostela