Libro: «ECOS» de Antonio Cerviño

Presentación.

Libro: «ECOS» de Antonio Cerviño

Conservatorio Histórico de Santiago de Compostela, martes, 22 de novembro de 2016 ás 19:00
Santiago de Compostela
Presentación

Libro: «ECOS» de Antonio Cerviño

Conservatorio Histórico de Santiago de Compostela, martes, 22 de novembro de 2016 ás 19:00 Santiago de Compostela

O acto contará coa intervención de Maximino Zumalave, coordinador da Sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega e o autor do libro, Antonio Cerviño.


Para rematar, haberá unha interpretación musical a cargo de Ilyá Fischer e Yulia Petrushevskaya.


Ecos é unha orixinal colección de 48 pezas musicais destinada a estudantes de violín, viola e violonchelo que cursen estudos académicos de grao elemental e profesional. O repertorio incluído neste libro pode utilizarse indistintamente nas materias de Instrumento, Conxunto instrumental ou Música de cámara e divídese en tres cadernos escritos, cada un deles para unha agrupación camerística diferente: 18 pezas para dous violíns, 10 pezas para trío de corda e 20 pezas para cuarteto de corda. Esta alternativa didáctica foi ideada co propósito de realzar a beleza característica da música ancestral de Galicia por medio de sutís harmonías e crear, ao mesmo tempo, unha canle que favoreza a súa divulgación dentro do ámbito académico. Xunto coa música de raíz figuran tamén algunhas cantigas medievais trobadorescas escritas na lingua galego-portuguesa coa finalidade de que o alumnado teña un coñecemento máis amplo das antigas manifestacións sonoras propias do noroeste peninsular.

LUGAR

LUGAR
Conservatorio Histórico de Santiago
Praza Salvador Parga, 4-5
15704 Santiago de Compostela

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal/mediateca

Ficha técnica 
Presentación.
Libro: «ECOS» de Antonio Cerviño
Cando
Conservatorio Histórico de Santiago de Compostela, martes, 22 de novembro de 2016 ás 19:00
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

LUGAR
Conservatorio Histórico de Santiago
Praza Salvador Parga, 4-5
15704 Santiago de Compostela

Autoría
Antonio Cerviño
Participante
Ilyá Fischer
Yulia Petrushevskaya
Presenta
Maximino Zumalave Caneda
Ver tamén en:
Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)