Javier de Lucas

Seminario. Ciclo: Europa Fortaleza: fronteiras, valados, exilios, migracións

Javier de Lucas

Os refuxiados na era de Trump. Un problema político, non unha crise humanitaria

Xoves, 19 de xaneiro de 2017 ás 17:00 horas
Santiago de Compostela
Seminario
Ciclo: Europa Fortaleza: fronteiras, valados, exilios, migracións

Javier de Lucas

Os refuxiados na era de Trump. Un problema político, non unha crise humanitaria

Xoves, 19 de xaneiro de 2017 ás 17:00 horas Santiago de Compostela

Terceira sesión
Ciclo: Europa Fortaleza: fronteiras, valados, exilios, migracións


JAVIER DE LUCAS
OS REFUXIADOS NA ERA DE TRUMP. UN PROBLEMA POLÍTICO, NON UNHA CRISE HUMANITARIA


Javier de Lucas
Murcia, 1952. Catedrático de Filosofía do Dereito e Filosofía Política no Instituto de Derechos Humanos da Universitat de València, do que foi fundador e primeiro director (2004) e é, de novo, director desde xuño de 2016.
Foi director do Colegio de España na Cité Internationale Universitaire de París (2005-2012) e presidente de CEAR, Comisión Española de Ayuda al Refugiado (2008-2009).
Publicou 22 libros e máis de 300 artigos en revistas científicas nacionais e internacionais. 
Traballa sobre problemas de dereitos humanos (en especial políticas migratorias e dereitos humanos), lexitimidade, democracia, cidadanía e obediencia ao Dereito. 
Colabora en Le Monde Diplomatique (edición española), Infolibre, Tinta libre, Al revés y al derecho (www.infolibre.es), CTxT, Cartelera Turia e Ahora Semanal. Tamén no programa Hora 25 da Cadena SER. 
O seu último libro é Mediterráneo, el naufragio de Europa (Valencia, Tirant lo Blanch, 2015;  2016, 2ª ed.).


Ciclo: Europa Fortaleza: fronteiras, valados, exilios, migracións
Ante os fluxos migratorios, os países da Unión Europea abriron e pecharon historicamente as súas fronteiras, considerando os emigrantes como un recurso instrumental, mera forza barata de traballo. Sempre nunha perspectiva de mercado e curtopracista, facilitábase o acceso se se precisaba man de obra, multiplicando as trabas no caso de medrar o paro. A figura do Gastarbeiter exemplificaba unha economía política ignorante da elemental condición de seres humanos dos emigrantes, nin que dicir do seu estatuto de cidadáns e cidadás residentes. Unha política de orde pública, de contención, substituíu á necesaria política de inmigración. Con ou sen papeis, o tratamento oscilaba: quer multiculturalismo desinteresado, quer asimilacionismo compulsivo. En todos os casos as acomodacións razoables foron mínimas e os guetos inzaron as aforas das cidades. Agora, constatado o fracaso na integración dos musulmáns nas sociedades de orixe cristiá, disque laicas e secularizadas, a chegada de refuxiados contéstase coa vulneración dos dereitos humanos mais básicos e o incumprimento das obrigas internacionais. Canto máis revé a soberanía, máis agroman os valados e se blindan as fronteiras. Mesmo se suspende unilateralmente o tratado de Schengen. En lugar de comprender e minorar as razóns que motivan o éxodo, concéntranse os esforzos en imposibilitar a entrada, mesmo externalizando o dispositivo en terceiros países. Pero acaso non constitúen os emigrantes e refuxiados dúas manifestacións dun mesmo fenómeno estrutural: a globalización neoliberal e os seus efectos: a depredación de recursos, a explotación internacional do traballo e o cambio climático? As migracións seguirán a producirse por razóns económicas, políticas e bélicas e climáticas. Este ciclo propón reflexionar, da man de recoñecidos/as especialistas, tanto sobre as diferentes dimensións do problema, como sobre as solucións institucionais e de políticas públicas ao desafío no que Europa xoga o seu porvir como sociedade democrática.


A primeira sesión do ciclo tivo lugar o 11 de maio coa participación de Carmen González Enríquez, investigadora principal de Demografía, Poboación e Migracións Internacionais do Real Instituto Elcano, que impartíu a conferencia titulada A resposta da Unión Europea ante a crise migratoria.


A segunda sesión, o 1 de decembro, contou coa intervención de Montserrat Guibernau, doutora en Teoría social e política pola Universidade de Cambridge e catedrática de Ciencia política na Universidade Queen Mary de Londres, ofrecendo a conferencia Pertenza: Símbolos e Rituais da Nación.


Lembre que o ciclo Europa fortaleza: fronteiras, valados, exilios, migracións forma parte da serie O(s) sentido(s) da(s) cultura(s) que pretende fomentar o debate sobre cuestións de actualidade. Para iso, o público interesado pode consultar con anterioridade o texto da intervención da persoa convidada para preparar así o diálogo posterior. O texto está xa accesible no apartado Outros materiais desta páxina, xusto abaixo da etiqueta de acceso ao formulario de inscrición.


 

ASISTENCIA

INSCRICIÓN
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia á xornada.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.

LUGAR

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal/mediateca

Ficha técnica 
Seminario.
Ciclo: Europa Fortaleza: fronteiras, valados, exilios, migracións
Javier de Lucas
Os refuxiados na era de Trump. Un problema político, non unha crise humanitaria
Cando
Xoves, 19 de xaneiro de 2017 ás 17:00 horas
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205

Coordinación
Ramón Máiz Suárez
Relator/a
Javier de Lucas
Ver tamén en:
Arquivo da Emigración Galega (CCG)
Organiza
Sección de Pensamento e Sociedade (CCG)