consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Encontros monográficos co Patrimonio Cultural 9. A profesión arqueolóxica e o futuro
encontro | Martes, 31 de xaneiro de 2017
Información

A profesión arqueolóxica e o futuro dá comezo aos Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural de 2017. Tras un ano de andaina, este ciclo de actividades continúa explorando diferentes proxectos que se levan a cabo en Galicia en materia de patrimonio cultural, xerando espazos de debate e reflexión, acollendo proxectos novos ou xa finalizados que, polo seu interese, excepcionalidade ou singularidade, demanden un debate público. Pero este ano queremos incorporar unha pata máis, explorar novos xeitos de facer o patrimonio público, con pequenas sesións de traballo que manteñan este mesmo espírito. Este encontro organízase con esta idea e recolle, ademais, algunhas das liñas de traballo analizadas nas xornadas de Arqueoloxía Galega a Debate, organizadas polo CCG en xuño de 2016.


O ano pasado, faciamos un chamamento público a quen quixera propoñer algunha temática para os Encontros. Esta é a primeira proposta que recibimos e virán outras. Neste caso, a actividade realízase en colaboración co Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC e con Árbore Arqueoloxía.


Na primeira parte da actividade, Gerry Wait presentará o Chartered Institute for Archaeologists (CIfA: http://www.archaeologists.net/ ), unha organización con sede no Reino Unido, fundada en 1982 e que representa a máis de 3.500 traballadores do sector e que ten como obxectivo ordenar o exercicio da profesión, defendendo os intereses e condicións laborais dos seus membros, fixando un código deontolóxico, ou poñendo en marcha iniciativas de formación, por pór algún exemplos. De seguido, Miguel Lago falará sobre a situación da arqueoloxía portuguesa.


Na segunda parte da actividade trátase de crear un espazo de reflexión e traballo colectivo sobre a profesión arqueolóxica, o estado do sector en Galicia e España, e o futuro que queremos. Falamos todos do mesmo cando falamos de arqueoloxía? Temos problemas comúns e solucións comúns?



Público ao que se dirixe


O encontro está aberto aos diferentes axentes que traballan no eido da arqueoloxía pero tamén ao publico en xeral.


Ficha técnica
Coordinación
» Rebeca Blanco Rotea
Relator/a
» Miguel Lago
» Gerry Wait
Colabora
Organiza
» Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG)
Lugar de celebración

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 
15705. Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205