consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Metodoloxía e criterios sobre restauración de instrumentos históricos. Estado da cuestión en Galicia
xornada | Mércores, 15 de febreiro de 2017
Información

A xornada Metodoloxía e criterios sobre restauración de instrumentos históricos. Estado da cuestión en Galicia xorde do interese da Sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega de sensibilizar a sociedade sobre a importancia do noso patrimonio musical instrumental. Ademais desta finalidade divulgativa, quere servir de punto de encontro de especialistas para coñecer o estado da cuestión en Galicia e debatermos sobre o futuro co fin de mellorar a comunicación entre os diferentes profesionais e a sociedade. Para iso, contaremos coa presenza de dúas persoas expertas no ámbito galego e estatal que nos achegarán aspectos relativos á restauración, normativa xurídica, ferramentas de investigación e de difusión dos instrumentos musicais. Oli Xiráldez, na súa dobre faceta de restaurador e tamén reprodutor de instrumentos antigos, así como artesán de gaitas e frautas galegas, o que o converte nun gran coñecedor no eido dos aerófonos en Galicia. Cristina Bordas, pola súa banda, é una figura de primeiro nivel na temática que nos ocupa, con numerosos escritos e proxectos de difusión do patrimonio cultural e experta, entre outros, no ámbito da violería, do seu gremio e dos instrumentos históricos. Ambos os especialistas permitirannos incidir na necesidade de contar con estudos previos rigorosos e documentados que favorezan o vínculo entre o obxecto e a súa historicidade e valor cultural. Tamén, coñecer de primeira man o traballo da restauración e reprodución de instrumentos antigos para así poñer de relevo o noso patrimonio instrumental e a súa transmisión a futuras xeracións como testemuño material da propia historia. 


Imaxe: Jose Luis Cernadas Iglesias, Catedral de Ourense. https://creativecommons.org/licenses/by/2.0/legalcode (imaxe recortada)


 


Presentación da xornada
Data de celebración: 2017-02-15 16:30:00
https://youtu.be/tOTZSkaV6YY

Presentación


Patrimonio instrumental e criterios actuais sobre a súa preservación. Estado da cuestión en Galicia
Data de celebración: 2017-02-15 17:00:00
https://youtu.be/mFjv3vxx1s8

Patrimonio instrumental e criterios actuais sobre a súa preservación. Estado da cuestión en Galicia
Cristina Bordas, profesora titular de Musicoloxía na Universidad Complutense de Madrid
Presenta: Sergio Sieiro


Restauración e conservación de instrumentos de vento antigos. Un punto de vista galego
Data de celebración: 2017-02-15 17:45:00
https://youtu.be/f88AsAgv89Y

Restauración e conservación de instrumentos de vento antigos. Un punto de vista galego
Oli Xiráldez, artesán de gaitas e frautas 
Presenta: Xosé Ferreirós


Mesa redonda
Data de celebración: 2017-02-15 18:30:00
https://youtu.be/4U9YQuLuAQY

Mesa redonda
Moderan: Xosé Ferreirós e Sergio Sieiro