consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Rafael Grasa - O novo sistema internacional e os retos do humanitarismo: a xestión da crise humanitaria e migratoria e das novas formas de violencia directa non política
seminario | Xoves, 2 de marzo de 2017 ás 17 horas
Información

Quinta sesión
Ciclo: Europa Fortaleza: fronteiras, valados, exilios, migracións


RAFAEL GRASA
O NOVO SISTEMA INTERNACIONAL E OS RETOS DO HUMANITARISMO: A XESTIÓN DA CRISE HUMANITARIA E MIGRATORIA E DAS NOVAS FORMAS DE VIOLENCIA DIRECTA NON POLÍTICA


RAFAEL GRASA
Cargos académicos
Doutor en Filosofía e profesor titular de Relacións Internacionais da Universitat Autònoma de Barcelona (UAB). Dirixiu o seu Centro de Estudios Internacionales y Culturales (desde a súa creación até marzo de 1999). Foi vicerreitor durante catro anos e secretario xeral desde mediados de 2002 a febreiro de 2009.
En 2008 foi elixido membro da xunta de l’Institut Català Internacional per a la Pau (ICIP), creado por lei do Parlament de Catalunya, e foi designado presidente do mesmo por unanimidade da xunta de goberno, cargo que exerceu até maio de 2016.
Coordina o Máster en Relaciones Internacionales, Seguridad y Desarrollo da UAB e pertence ao doutoramento “Politics, Policies and International Relations”.
Foi membro do Consejo Asesor para la Transición Nacional da Generalitat de Catalunya.
Docencia e investigación
Imparte regularmente docencia sobre relacións internacionais, teoría política internacional, resolución e transformación de conflitos, seguridade humana, estudos sobre desenvolvemento e cooperación para o desenvolvemento.
Investiga en teoría internacional, sistema internacional e sistema humanitario e de emerxencia, resolución e transformación de conflitos e investigación para a paz, gobernanza descentralizada e prevención de condutas violentas, desenvolvemento e cooperación. Publicou numerosos libros e artigos sobre estes temas.
Ademais de na UAB, imparte docencia en: Universidad del País Vasco, Universidad Complutense, Universidad Carlos III, IBEI e Cidob, Universidad de Granada, Universidade de Santiago de Compostela e numerosas universidades latinoamericanas e europeas.  
Forma ou formou parte do consello de redacción de numerosas publicacións, entre elas: Global Governance,  Environment and Security, Afers Internacionals, Geopolitics, Revista Española de Cooperación, Anuario Cidob de Relaciones Internacionales, Ecología Política, Nova África, Afers Internacionals, Spanish Yearbook of International Law.
Paz, desenvolvemento e solidariedade
Foi presidente da Federació Catalana d’Organitzacions No Governamentals per al Desenvolupament (setembro 1995 - maio  1999). Foi membro do Consejo Español de Cooperación para el Desarrollo, do Consell Català de Cooperació al Desenvolupament e do Consell Català de Foment de la Pau.
Coordinou a elaboración do primeiro Plan Director de Cooperación do Concello de Barcelona e dirixiu a elaboración de varios plans directores de cooperación da Generalitat (2007-2014). Elaborou o Llibre Verd del Codesenvolupament (2008). 
Participou activamente na elaboración dos últimos plans directores da cooperación española, como redactor de documentos parciais e como comentarista dos documentos finais.
Foi presidente do Comité Científico de varios dos congresos españois de “Universidad y Cooperación para el Desarrollo”, organizados polas universidades catalás, o último realizarase en Madrid en marzo de 2017.
Desde 2004 a 2010 asesorou o Goberno catalán na planificación e avaliación das políticas de cooperación para o desenvolvemento, axuda humanitaria e fomento da paz.


Ciclo: Europa Fortaleza: fronteiras, valados, exilios, migracións


Ante os fluxos migratorios, os países da Unión Europea abriron e pecharon historicamente as súas fronteiras, considerando os emigrantes como un recurso instrumental, mera forza barata de traballo. Sempre nunha perspectiva de mercado e curtopracista, facilitábase o acceso se se precisaba man de obra, multiplicando as trabas no caso de medrar o paro. A figura do Gastarbeiter exemplificaba unha economía política ignorante da elemental condición de seres humanos dos emigrantes, nin que dicir do seu estatuto de cidadáns e cidadás residentes. Unha política de orde pública, de contención, substituíu á necesaria política de inmigración. Con ou sen papeis, o tratamento oscilaba: quer multiculturalismo desinteresado, quer asimilacionismo compulsivo. En todos os casos as acomodacións razoables foron mínimas e os guetos inzaron as aforas das cidades. Agora, constatado o fracaso na integración dos musulmáns nas sociedades de orixe cristiá, disque laicas e secularizadas, a chegada de refuxiados contéstase coa vulneración dos dereitos humanos mais básicos e o incumprimento das obrigas internacionais. Canto máis revé a soberanía, máis agroman os valados e se blindan as fronteiras. Mesmo se suspende unilateralmente o tratado de Schengen. En lugar de comprender e minorar as razóns que motivan o éxodo, concéntranse os esforzos en imposibilitar a entrada, mesmo externalizando o dispositivo en terceiros países. Pero acaso non constitúen os emigrantes e refuxiados dúas manifestacións dun mesmo fenómeno estrutural: a globalización neoliberal e os seus efectos: a depredación de recursos, a explotación internacional do traballo e o cambio climático? As migracións seguirán a producirse por razóns económicas, políticas e bélicas e climáticas. Este ciclo propón reflexionar, da man de recoñecidos/as especialistas, tanto sobre as diferentes dimensións do problema, como sobre as solucións institucionais e de políticas públicas ao desafío no que Europa xoga o seu porvir como sociedade democrática.


Primeira sesión
11 de maio de 2016
Carmen González Enríquez, investigadora principal de Demografía, Poboación e Migracións Internacionais do Real Instituto Elcano
A resposta da Unión Europea ante a crise migratoria


Segunda sesión
1 de decembro de 2016
Montserrat Guibernau, doutora en Teoría Social e Política pola Universidade de Cambridge e catedrática de Ciencia Política na Universidade Queen Mary de Londres
Pertenza: Símbolos e Rituais da Nación


Terceira sesión
19 de xaneiro de 2017
Javier de Lucas, catedrático de Filosofía do Dereito e Filosofía Política no Instituto de Derechos Humanos da Universitat de València
Os refuxiados na era de Trump. Un problema político, non unha crise humanitaria


Cuarta sesión
9 de febreiro de 2017
Antonio Izquierdo, catedrático de Socioloxía na Universidade da Coruña e membro do equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais (ESOMI)
As políticas de inmigración e cidadanía no novo escenario: catro propostas 


Quinta sesión
2 de marzo de 2017
Rafael Grasa, profesor titular de Relacións Internacionais da Universitat Autònoma de Barcelona
O novo sistema internacional e os retos do humanitarismo: a xestión da crise humanitaria e migratoria e das novas formas de violencia directa non política 


Sexta sesión
9 de marzo de 2017
Nira Yuval-Davis, directora do Research Centre on Migration, Refugees and Belonging (CMRB) na University of East London
Intersectional meanings of culture


Lembre que o ciclo Europa fortaleza: fronteiras, valados, exilios, migracións forma parte da serie O(s) sentido(s) da(s) cultura(s) que pretende fomentar o debate sobre cuestións de actualidade. Para iso, o público interesado pode consultar con anterioridade o TEXTO da intervención da persoa convidada para preparar así o diálogo posterior. O texto está xa accesible no apartado Outros materiais desta páxina, xusto abaixo da etiqueta de acceso ao formulario de inscrición.


 


O novo sistema internacional e os retos do humanitarismo: a xestión da crise humanitaria e migratoria e das novas formas de violencia directa non política
Data de celebración: 2017-03-02 17:00:00

Rafael Grasa




Quinta sesión
Ciclo: Europa Fortaleza: fronteiras, valados, exilios, migracións

RAFAEL GRASA
O NOVO SISTEMA INTERNACIONAL E OS RETOS DO HUMANITARISMO: A XESTIÓN DA CRISE HUMANITARIA E MIGRATORIA E DAS NOVAS FORMAS DE VIOLENCIA DIRECTA NON POLÍTICA


Debate. O novo sistema internacional e os retos do humanitarismo
Data de celebración: 2017-03-02 18:00:00




Quinta sesión
Ciclo: Europa Fortaleza: fronteiras, valados, exilios, migracións

RAFAEL GRASA
O NOVO SISTEMA INTERNACIONAL E OS RETOS DO HUMANITARISMO: A XESTIÓN DA CRISE HUMANITARIA E MIGRATORIA E DAS NOVAS FORMAS DE VIOLENCIA DIRECTA NON POLÍTICA


Ficha técnica
Coordinación
» Ramón Máiz Suárez
Relator/a
» Rafael Grasa
Organiza
» Sección de Pensamento e Sociedade (CCG)
Lugar de celebración

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205