consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Miradas xornalísticas arredor da cultura galega. Voces de periodistas galegos que exercen no exterior
xornada | Martes, 14 de febreiro de 2017
Información

A cultura galega está no mundo con voz propia. A súa proxección ten cada vez máis nodos de conexión na sociedade rede e as súas manifestacións merecen múltiples visións e interpretacións. Pero unha sociedade enredada, en constante cambio e marcada por grandes transformacións, esixe periódicas reflexións que nos permitan analizar o que facemos e como estamos no mundo, neste caso a partir da ollada de profesionais que viven e traballan lonxe da terra onde naceron.


A xornada ten por obxectivo promover un espazo de encontro para que xornalistas galegos que exercen o seu oficio no exterior acheguen, como mediadores profesionais que son, a súa mirada arredor da cultura galega e das súas principais manifestacións, como a perciben desde fóra e como entenden que a percibe a cidadanía doutras latitudes. A posta en común de olladas con diferente perspectiva pretende contribuír a debuxar un mapa de percepcións sobre a cultura galega na sociedade actual.


Presentación da xornada
Data de celebración: 2017-02-14 09:30:00
https://youtu.be/d8luvlStshk


A cultura galega nos medios do exterior: presenzas e ausencias.
Data de celebración: 2017-02-14 10:00:00
https://youtu.be/i5ozW9Zg9NM
RAMÓN PERNAS, escritor e xornalista. Columnista de opinión en La voz de Galicia. Dirixe Ámbito Cultural de El Corte Inglés
Entrevistadora: MARÍA XOSÉ PORTEIRO, xornalista

A cultura galega nos medios do exterior: presenzas e ausencias
RAMÓN PERNAS, escritor e xornalista. Columnista de opinión en La voz de Galicia. Dirixe Ámbito Cultural de El Corte Inglés
Presenta: MARÍA XOSÉ PORTEIRO, xornalista


Unha mirada á cultura galega cos ollos de dous xornalistas
Data de celebración: 2017-02-14 11:30:00
https://youtu.be/ivNrMXNaPNY
Unha mirada á cultura galega cos ollos de dous xornalistas
GONZALO CORTIZO, xornalista. Adxunto ao director en eldiario.es
PILAR FALCÓN, presidenta do Club de Periodistas Gallegos en Madrid
Entrevistador: XOSÉ MANUEL PEREIRO, director de LUZES

Unha mirada á cultura galega cos ollos de dous xornalistas 
GONZALO CORTIZO, xornalista. Adxunto ao director en eldiario.es
PILAR FALCÓN, presidenta do Club de Periodistas Gallegos en Madrid
Modera: XOSÉ MANUEL PEREIRO, director de LUZES


Outras ideas da cultura galega no discurso de dous xornalistas
Data de celebración: 2017-02-14 17:00:00
https://youtu.be/3RCQ3grKA1s

Outras ideas da cultura galega no discurso de dous xornalistas 
MANUEL JABOIS, xornalista de El País
MIGUEL-ANXO MURADO, escritor e xornalista
Modera: BELÉN REGUEIRA, xornalista


Pegadas culturais dos xornalistas galegos no exterior
Data de celebración: 2017-02-14 19:00:00
https://youtu.be/JIZl3QYbVmU

Pegadas culturais dos xornalistas galegos no exterior
CARLOS G. REIGOSA, xornalista
Presenta: XOSÉ MARÍA GARCÍA PALMEIRO, xornalista