consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural 10. Alén dun castro. Arqueoloxía, restauración e divulgación no xacemento de Baroña
encontro | Xoves, 23 de febreiro de 2017
Información

O Castro de Baroña é un dos xacementos máis visitados de Galicia, no que se xuntan interesantes aspectos patrimoniais, a súa temperá posta en valor e a súa localización, que lle confiren un importante valor paisaxístico. Nos últimos anos desenvolvéronse varias campañas de reescavación do sitio, escavación de zonas novas, restauración e posta en valor, así como un importante esforzo pola súa divulgación en tempo real.


Este encontro céntrase en tres aspectos relativos a Baroña: o seu valor patrimonial, o seu valor social e as súas necesidades de cara ao futuro. Como xa é habitual, xeraremos un espazo de debate, desta volta centrado nun dos lugares patrimoniais máis significativos de Galicia.


Fotografía da portada: Araski


Presentación da xornada
Data de celebración: 2017-02-23 16:30:00
https://youtu.be/WyBu-wIONS4

Presentación


As últimas intervencións de restauración no Castro de Baroña
Data de celebración: 2017-02-23 16:45:00
https://youtu.be/afn6R4pR8RE

As últimas intervencións de restauración no Castro de Baroña 
Luis F. López  González

Procesos de restauración realizados no castro e novos achados documentados nas estruturas de delimitación do xacemento.


Agra aberta: historia, arqueoloxía e divulgación do Castro de Baroña
Data de celebración: 2017-02-23 17:15:00
https://youtu.be/Jsrqj15XHU4

Agra aberta: historia, arqueoloxía e divulgación do Castro de Baroña
Ángel Concheiro Coello

As intervencións que se desenvolveron ao longo do tempo en Baroña, o contexto arqueolóxico do xacemento e novos traballos de posta en valor de patrimonio e divulgación realizados nos últimos anos.


Reflexións sobre novas valoracións e necesidades do Castro de Baroña
Data de celebración: 2017-02-23 17:45:00
https://youtu.be/CfLn8OSoLiM

Reflexións sobre novas valoracións e necesidades do Castro de Baroña
Yolanda Álvarez González

As novas intervencións abriron un bo número de preguntas acerca da morfoloxía e a ocupación do xacemento. Estas necesitan da colaboración dun equipo profesional interdisciplinar xa que os antigos traballos en solitario non poden responder a todas as necesidades do Castro de Baroña, que segue sendo un misterio en moitos aspectos.


Debate
Data de celebración: 2017-02-23 18:15:00
https://youtu.be/OSo06YR2wac


Hemeroteca
23-02-2017
En directo: Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural 10. Alén dun castro. Arqueoloxía, restauración e divulgación no xacemento de Baroña
23-02-2017
Encontros Monográficos co patrimonio cultural. 10
Ficha técnica
Coordinación
» Rebeca Blanco Rotea
Relator/a
» Yolanda Álvarez González
» Ángel Concheiro Coello
» Luis F. López González
Organiza
» Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG)
Participantes
»
»
»
»
Lugar de celebración

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705. Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205