consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


A restauración do campanario de San Martiño Pinario. O achegamento ao proceso tecnolóxico e histórico nunha fábrica do mosteiro: proxecto de urxencia, obra e memoria final
encontro | Xoves, 30 de marzo de 2017
Información

A recuperación da memoria construída da torre-campanario


Segundo os historiadores da ciencia e da tecnoloxía Kranzberg e Pursell, a tecnoloxía é “moito máis que ferramentas e artefactos, máquinas e procesos. Afecta o traballo humano, os intentos do home para satisfacer os seus desexos mediante a acción humana sobre os obxectos físicos”. Tendo presente ese axioma, é evidente que son necesarias novas olladas sobre o patrimonio arquitectónico e sobre a súa conservación-restauración crítica, que nos obriguen a comprender en cada caso o seu proceso particular e singular, o seu sistema construtivo, ata o punto de que, como ocorreu co campanario de San Martiño Pinario, acaben aflorando novos datos que vaian mais aló da información directa que nos proporciona a propia materia-imaxe desta estrutura. Sen deixar de recoñecer que a observación e comprensión dos datos directos, aqueles que nos falan da pel da fábrica (da materia-imaxe) e das emocións e gustos estéticos de distintas épocas, como os histórico-artísticos, ou aqueles que nos falan da historia da fábrica, como os arqueolóxicos, é imprescindible para a comprensión dun obxecto patrimonial destas características recoñecer que a observación e comprensión da factura profunda dese ben, da súa realidade material, do modo de facer e aparellar que nos amosa, dos seus materiais e das xeometrías que se verteron nel para responder ás necesidades das demandas mecánicas ou gravitatorias que lle afectaban, en definitiva, da materia-estrutura, tamén é imprescindible, pois todos eses xeitos de dar resposta aos problemas técnicos da obra son tamén parte da súa historia e deben ser documentados e interpretados.


Pero a percepción directa non sempre permite abarcar a totalidade das fábricas dun monumento. A memoria e a historia material non sempre dan acceso á realidade científica e tecnolóxica que lle deu orixe, unha realidade que tiña os seus modos de facer, a súa factura singular, que fixo posible a materialización arquitectónica ou cultural dese monumento e que está “arquivada” na fábrica deste como “documento construído”.


O proxecto , a dirección de obra e a memoria final dunha intervención como a do campanario de San Martiño Pinario tentaron achegarse a esas realidades científica e tecnolóxica que, aínda que subxacentes no monumento, inicialmente a observación directa sola non nos permite abarcalas. En definitiva , visto con perspectiva, podemos dicir que afrontamos ese traballo baixo a teoría de Francis Bacon en canto á “importancia de estudar os oficios a fin de que o científico poida aprender deles [e dos artesáns]”.


Presentación
Data de celebración: 2017-03-30 16:30:00


https://youtu.be/82llOlMswJw

Rebeca Blanco Rotea, Maximino Zumalave, Manuel Chaín e José Luis Ramos Souto


O proxecto, dirección de obra e memoria da restauración-conservación crítica do campanario de San Martiño Pinario
Data de celebración: 2017-03-30 16:45:00


https://youtu.be/a-jbt2AQuLA

O proxecto, dirección de obra e memoria da restauración-conservación crítica do campanario de San Martiño Pinario
Iago Seara


A valoración patrimonial dos resultados na conservación-restauración do campanario de San Martiño Pinario
Data de celebración: 2017-03-30 17:30:00
https://youtu.be/Rj3JP8FcCXA

A valoración patrimonial dos resultados na conservación-restauración do campanario de San Martiño Pinario 
Manuel Chaín


Reflexións sobre a necesidade de deconstruír historicamente as fábricas antes de intervila e durante os procesos de obra
Data de celebración: 2017-03-30 18:00:00
https://youtu.be/5N1Ks8LdiPE

Reflexións sobre a necesidade de deconstruír historicamente as fábricas antes de intervila e durante os procesos de obra
Rebeca Blanco-Rotea


Debate
Data de celebración: 2017-03-30 18:50:00


https://youtu.be/R5Wnjwg-A4E


Hemeroteca
30-03-2017
En directo: A restauración do campanario de San Martiño Pinario. O achegamento ao proceso tecnolóxico e histórico nunha fábrica do mosteiro: proxecto de urxencia, obra e memoria final
Ficha técnica
Inauguración
» Maximino Zumalave Caneda
Participante
» José Luis Ramos Souto
Relator/a
» Rebeca Blanco Rotea
» Manuel Chaín
» Iago Seara
Organiza
» Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG)
Participantes
»
»
»
»
»
Lugar de celebración

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705. Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205