consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


O patrimonio musical en Galicia: os órganos
encontro | Xoves, 23 de marzo de 2017
Información

Case todas as antigas igrexas da nosa Galicia teñen tamén espírito de museo persoal. Falan as fachadas nas linguas propias dos seus estilos; entoan as naves salmos de pedra e brillan de ouro vello os retablos, que demandan comunicación plena con quen contempla a obra artística, que non é completa namentres non nos achegamos aos órganos coetáneos, que foron igualmente deseñados para elas de xeito propio, coas súas estruturas e recursos establecidos de acordo cos gustos e posibilidades de cada momento, que lles confiren unha linguaxe fónica inimitable nas súas cores e capacidades sonoras, logradas grazas ao traballo de excelentes artesáns que traballaron arreo tras de moitos aforros e ilusións.


O noso particular clima de profunda humidade, a fauna e a flora que lle corresponden e as penurias dos tempos foron labrando un triste carreiro, que coincidiu coa diminución de recursos económicos para facerlles fronte e, mesmo, coa falla prolongada de organistas e organeiros. Por iso, parece necesario xunguir o interese de cantos nos sentimos parte activa dos nosos tesouros artísticos coa vontade e recursos das administracións públicas e particulares, para recuperar un patrimonio arquitectónico e musical que precisa tamén darlle pulo á formación de organistas, que se poidan facer cargo da custodia amais de facer soar os nosos instrumentos. A maioría deles calados hoxe, por mor das dificultades dun momento, que comezou hai xa moito tempo.


 


Presentación
Data de celebración: 2017-03-23 16:30:00
https://youtu.be/HhLI1UcccKs

Enrique Jiménez Maximino Zumalave

Presentación


O órgano, entre o ceo e a terra
Data de celebración: 2017-03-23 16:45:00


https://youtu.be/N7XtzAVxwA0

Maximino Zumalave Oscar Valado

O órgano, entre o ceo e a terra 
Oscar Valado Domínguez, director do Departamento de Música Sacra da Arquidiocese de Santiago de Compostela


Ao redor da singularidade do Órgano Ibérico
Data de celebración: 2017-03-23 17:30:00


https://youtu.be/ik6w5ZBQlu0

Enrique Jiménez Roberto Fresco

Ao redor da singularidade do Órgano Ibérico 
Roberto Fresco, organista da Catedral de Santa María la Real da Almudena de Madrid e profesor de Órgano do Centro Superior Katarina Gurska de Madrid


A fábrica, coro e órgano nas catedrais e basílicas. Unha arquitectura aparellada pola luz e pola música
Data de celebración: 2017-03-23 18:30:00
https://youtu.be/OaO2PlSvIDs

Iago Seara Maximino Zumalave

A fábrica, coro e órgano nas catedrais e basílicas. Unha arquitectura aparellada pola luz e pola música 
Iago Seara, arquitecto


Coñecer para amar: o respecto cara o Órgano de tubos como Patrimonio Cultural de Galicia cun plantexamento dende a educación
Data de celebración: 2017-03-23 19:00:00
https://youtu.be/RwC6w2cpoLI

Mª Soledad Mendive

Coñecer para amar: o respecto cara o Órgano de tubos como Patrimonio Cultural de Galicia cun plantexamento dende a educación

Mª Soledad Mendive Zabaldica, profesora de órgano do Conservatorio de Ourense


Mesa redonda
Data de celebración: 2017-03-23 19:30:00


https://youtu.be/Ce-JzgtBebo

Enrique Jiménez Iago Seara Oscar Valado Roberto Fresco Mª Soledad Mendive

Hemeroteca
23-03-2017
En directo: O patrimonio musical en Galicia: os órganos
23-03-2017
En directo: O patrimonio musical en Galicia: os órganos
Ficha técnica
Coordinación
» Enrique Jiménez
Inauguración
» Maximino Zumalave Caneda
Relator/a
» Roberto Fresco
» Mª Soledad Mendive Zabaldica
» Iago Seara
» Oscar Valado Domínguez
Organiza
» Sección de Música e Artes Escénicas (CCG)
Lugar de celebración

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705. Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205