XIX Encontros para a normalización lingüística.

Encontro. Encontros para a normalización

XIX Encontros para a normalización lingüística.

Dereitos lingüísticos, unha garantia pendente?

20 e 21 de abril de 2017
Santiago de Compostela
Encontro
Encontros para a normalización

XIX Encontros para a normalización lingüística.

Dereitos lingüísticos, unha garantia pendente?

20 e 21 de abril de 2017 Santiago de Compostela

Os cambios producidos no marco legal nas últimas décadas do século sentaron as bases do recoñecemento expreso e activo dos dereitos lingüísticos dos galegofalantes e dos dereitos da lingua galega en si mesma. Por volta dos anos 80 contábase, por fin, cun marco legal que xa non era abertamente desfavorable a un recoñecemento reclamado desde longa data polos círculos e asociacións que, sen matizacións internas, podemos chamar “galeguistas”. Nun contexto máis alargado, este dereito fora incluído xa na Declaración Universal de Dereitos Humanos (1948), que no seu artigo segundo establece que "todo o mundo ten todos os dereitos e todas as liberdades" sen distinción de "raza, cor, sexo, lingua, relixión, opinión política ou outra, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición".


Por que volvermos, logo, sobre os dereitos lingüísticos en 2017? Porque, sen negar os evidentes avances, o proceso non chegou ao seu fin. Porque nos preocupa que nalgúns sectores da sociedade non se estea tendo o necesario respecto a eses dereitos e noutros mesmo se estea provocando repregamento. Porque unha gran parte da cidadanía non é consciente de telos e sofre inerme os efectos negativos da súa conculcación. Porque toda a sociedade, sexa cal sexa a lingua que fala cada un, debe saber e asumir que os dereitos lingüísticos son dereitos fundamentais sen os cales non se pode construír unha sociedade verdadeiramente democrática.


A preocupación polos dereitos lingüísticos transcende o ámbito de Galicia. En 2016 cumpríronse 20 anos da Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos (Barcelona 1996). O pasado ano presentouse o Protocolo para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos (Donostia 2016). No ano en que andamos cúmprense os 25 anos da Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias (Estrasburgo 1992). A XIX edición dos Encontros para a Normalización Lingüística quere animar á reflexión e á acción na mesma liña e, ao tempo, contribuír á celebración destas efemérides.


Continuando liñas xa ensaiadas con bos resultados, os XIX Encontros destinan un espazo propio á presentación e difusión de iniciativas e experiencias normalizadoras, tanto no programa presencial (Crear contextos) coma na Artesa 2017, a nosa mostra de recursos. Tamén abrimos un grupo de Facebook, que servirá de punto de reunión previo a vérmonos.


Agardamos que os XIX Encontros merezan o voso interese e a vosa participación, cando menos tanto coma en anos anteriores. Gústanos lembrar, con todo, que un dos grandes valores desta cita anual é a xuntanza das persoas que se achegan cada ano a Santiago de Compostela para reflexionar, repensar, compartir e tomar azos para a seguinte xeira. 


 

ASISTENCIA

INSCRICIÓN
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia aos Encontros.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.

LUGAR

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705. Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal/mediateca