consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Xénero e Documentación IV. Arquivos públicos e perspectiva de xénero: Estado da cuestión desde Galicia
xornada | 8 de xuño de 2017
Información

Os arquivos públicos de Galicia son unidades de xestión documental integradas nas institucións públicas que os orixinan, serven á xestión administrativa das súas organizacións e encárganse ademais dunha parte singular da custodia, organización e difusión do Patrimonio Cultural: o referido ao Patrimonio Documental.


Coma calquera outra unidade administrativa, participan das políticas xerais levadas a cabo polas organizacións ás que pertencen. Neste senso, deberíase sentir tamén neles a acción das políticas referidas á perspectiva de xénero derivadas das resolucións do Consello Económico e Social das Nacións Unidas desde 1997 até a actualidade, resolucións ás que se veñen adherindo continuadamente todas as administracións públicas do país.


É isto así? Participan os arquivos de Galicia e o persoal vinculado a eles dos posicionamentos internacionais e nacionais nesta materia? Custodian os arquivos públicos de Galicia documentos de mulleres, sobre mulleres? Custodian ou interésanse por custodiar documentos vinculados co movemento feminista?


Nunha primeira e rápida achega a estas cuestións, semella que nos arquivos públicos de Galicia nin a perspectiva de xénero nin o feminismo son obxecto de atención clara e preferente, incluso parecen estar fóra do ámbito de interese das e dos profesionais. 


Mais é posible que esta apreciación non responda á realidade con exactitude e deba ser matizada. Atendendo a isto, desde a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega, considerase que fai falta unha visión demorada que permita visibilizar o camiño andado e aproximar outras realidades. Neste sentido, nestas IV xornadas sobre xénero e documentación, proponse iniciar un debate aberto, dirixido a profesionais dos arquivos e á sociedade en xeral co obxectivo de dar a coñecer, se é que as hai,  as actuacións que nos arquivos públicos de Galicia incorporan unha perspectiva de xénero e/ou feminista con naturalidade, aplicando a ollada aos contidos, aos métodos, ás dinámicas de traballo. Ábrese, ademais, a oportunidade de coñecer máis de preto as propostas e estratexias desenvolvidas sobre as cuestións expostas no conxunto do Estado e no caso concreto do  Archivo Mujeres y Géneros do Archivo Nacional de Chile.


Presentación
Data de celebración: 2017-06-08 09:30:00
https://youtu.be/Kjl2OmLRW9k


As persoas: arquiveiras e arquiveiros nos arquivos públicos de Galicia e nas unidades políticas e administrativas nas que se insiren
Data de celebración: 2017-06-08 10:00:00
https://youtu.be/q0RpTJ3PlIU

As persoas: arquiveiras e arquiveiros nos arquivos públicos de Galicia e nas unidades políticas e administrativas nas que se insiren
Beatriz Díaz Vázquez, arquiveira e directora do Arquivo Municipal de Oleiros
Presenta: Marina García Pita, subdirectora de Arquivos da Xunta de Galicia


A presenza da muller nos fondos documentais. Os usos na investigación. Novas olladas?
Data de celebración: 2017-06-08 10:45:00
https://youtu.be/I0Fuo73k_s4

A presenza da muller nos fondos documentais. Os usos na investigación. Novas olladas? 
Eva García Amador, antropóloga e restauradora de documentos, presta servizos no Arquivo do Reino de Galicia 
Presenta: Gabriel Quiroga Barro, membro da Sección de Patrimonio e Bens Culturais do CCG / Arquivo de Galicia


Arquivos públicos: procesos de traballo e visibilidade das mulleres. A cara oculta da Lúa
Data de celebración: 2017-06-08 12:00:00
https://youtu.be/TQymKg7-ykk

Arquivos públicos: procesos de traballo e visibilidade das mulleres. A cara oculta da Lúa
Olimpia López Rodríguez, arquiveira, presta servizos no Arquivo Territorial da Xunta de Galicia na provincia de Lugo
Presenta: Concepción Varela Orol, membro da Sección de Patrimonio e Bens Culturais do CCG / Universidade da Coruña


Arquivar en feminino: Presenza da muller e do feminismo na xestión dos arquivos públicos españoles desde principios do siglo XX ata os nosos días
Data de celebración: 2017-06-08 13:00:00
https://youtu.be/bJmpp0_q5rQ

Arquivar en feminino:  Presenza da muller e do feminismo na xestión dos arquivos públicos españoles desde principios do siglo XX ata os nosos días
Luis Martínez García, arquiveiro, coordinador xeral de Arquivos e director do Arquivo de Castela–A Mancha
Presenta: Encarna Otero Cepeda, membro da Comisión de Igualdade do CCG e historiadora


Experiencias internacionais en materia de xénero e arquivos: Archivo Mujeres y Géneros no Archivo Nacional de Chile: desafíos a partir da súa creación e crecemento
Data de celebración: 2017-06-08 16:30:00
https://youtu.be/CcQFvqg7Ktw

Experiencias internacionais en materia de xénero e arquivos: Archivo Mujeres y Géneros no Archivo Nacional de Chile: desafíos a partir da súa creación e crecemento 
Francisca Marticorena Galleguillos, encargada do Archivo Mujeres y Géneros, Archivo Nacional de Chile
Presenta: Dolores Pereira Oliveira, coordinadora da xornada, membro da Comisión de Igualdade do CCG e directora do Arquivo Histórico Provincial de Lugo


Mesa redonda
Data de celebración: 2017-06-08 18:30:00
https://youtu.be/avdMbqMezCU

Mesa redonda 
Interveñen: Luis Martínez García, Olimpia López Rodríguez, Eva García Amador, Beatriz Díaz Vázquez e Francisca Marticorena Galleguillos
Modera: Dolores Pereira Oliveira


Hemeroteca
08-06-2017
En directo: Xénero e Documentación IV. Arquivos públicos e perspectiva de xénero: Estado da cuestión desde Galicia
07-06-2017
Unhas xornadas analizan mañá o lugar das mulleres nos arquivos públicos galegos
Ficha técnica
Coordinación
» Dolores Pereira Oliveira
» María Xosé Porteiro García
Presenta
» Rosario Álvarez
» Marina García Pita
» Encarna Otero
» Gabriel Quiroga Barro
» Concepción Varela Orol
Relator/a
» Beatriz Díaz Vázquez
» Eva García Amador
» Olimpia López Rodríguez
» Francisca Marticorena Galleguillos
» Luis Martínez García
Organiza
» Comisión de Igualdade (CCG)
Participantes
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
Lugar de celebración

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705, Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205