consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


O castelo da Rocha Forte. Entre o presente e o futuro dun xacemento arqueolóxico
encontro | Xoves, 27 de abril e Sábado, 29 de abril
Información

Un castelo na entrada de Santiago


O castelo da Rocha Forte foi unha fortaleza e residencia arcebispal situada na entrada á cidade de Santiago de Compostela. A primeira mención a ela data do século XIII, momento en que contaba cun séquito eclesiástico, e sería residencia arcebispal durante a execución das obras do Pazo de Xelmírez. Nas últimas décadas o castelo foi froito de diversas intervencións arqueolóxicas e de investigacións históricas e documentais que permitiron comprender a súa evolución no tempo e os procesos seguintes ao seu abandono; e, xa máis recentemente, dunha importante intervención de posta en valor. O castelo, esquecido durante moito tempo, foi porén obxecto de grande interese para a súa veciñanza, que creou a Asociación Cultural Rocha Forte co obxectivo de recuperar e valorizar socialmente os restos do castelo. Este Encontro realízase precisamente polo interese desta asociación de xerar un debate arredor da problemática actual do castelo e explorar vías na súa xestión futura. Nel interveñen axentes sociais, culturais ou públicos, desempeñando un papel moi importante na súa xestión o Concello de Santiago de Compostela. Este Encontro ten como obxectivo facer un percorrido polo labor da Asociación dende a súa constitución até a actualidade, dar a coñecer os resultados das últimas intervencións arqueolóxicas, así como a xestión patrimonial do xacemento. Pero tamén ten como mirada a confrontación de ideas, o debate aberto e a reflexión sobre a xestión do patrimonio.


Presentación
Data de celebración: 2017-04-27 00:16:30
https://youtu.be/wTYNeqYxHuk


A Rocha, Territorio Cultural. Asociación Rocha Forte
Data de celebración: 2017-04-27 16:45:00
https://youtu.be/dRs8ojrFvXE

A Rocha, Territorio Cultural. Asociación Rocha Forte 
Carlos Delgado Fernández. Presidente da Asociación Cultural Rocha Forte
Suso Noya López. Veciño da Rocha e membro da Asociación Cultural Rocha Forte
Mª del Mar Bóveda López. Profesional independente. Especialista na posta en valor, divulgación e didáctica do Patrimonio Cultural


O castelo da Rocha Forte dende a arqueoloxía. A intervención integral do ano 2013
Data de celebración: 2017-04-27 17:30:00
https://youtu.be/u_LGV4zm4CY

O castelo da Rocha Forte dende a arqueoloxía. A intervención integral do ano 2013
María José Bóveda Fernández. Arqueóloga. Gabinete de Arqueoloxía e Xestión do Patrimonio S.L


A xestión do Castelo da Rocha Forte. Presente e futuro
Data de celebración: 2017-04-27 18:15:00
https://youtu.be/CMApfkL6sMY

A xestión do Castelo da Rocha Forte. Presente e futuro
Dolores Cerqueiro Landín. Arqueóloga municipal do Concello de Santiago de Compostela


Debate: Presente e futuro da Rocha Forte
Data de celebración: 2017-04-27 19:00:00
https://youtu.be/KaRVT_Wv1cU

Debate
Presente e futuro da Rocha Forte

Carlos Delgado Fernández. Presidente da Asociación Cultural Rocha Forte
Suso Noya López. Veciño da Rocha e membro da Asociación Cultural Rocha Forte
Mª del Mar Bóveda López. Profesional independente. Especialista na posta en valor, divulgación e didáctica do Patrimonio Cultural

María José Bóveda Fernández. Arqueóloga. Gabinete de Arqueoloxía e Xestión do Patrimonio S.L

Dolores Cerqueiro Landín. Arqueóloga municipal do Concello de Santiago de Compostela

Rebeca Blanco Rotea


Hemeroteca
27-04-2017
En directo: O castelo da Rocha Forte. Entre o presente e o futuro dun xacemento arqueolóxico
Ficha técnica
Coordinación
» Rebeca Blanco Rotea
Participante
» María José Bóveda Fernández
» María del Mar Bóveda López
» Dolores Cerqueiro Landín
» Carlos Delgado Fernández
» Suso Noya López
Organiza
» Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG)
Participantes
»
Lugar de celebración

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705. Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205