consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


O estado actual das vías romanas en Galicia e a necesidade dunha maior protección
encontro | Martes, 23 de maio de 2017
Información

O patrimonio das vías romanas en Galicia e a identificación dos seus trazados veñen sendo temas de estudo dende a segunda metade do século XVIII, continuaron a finais do XIX en relación fundamentalmente á Vía Nova (ou Vía Nº18) e, xa nos anos 70, 80 e 90 do século XX, coas identificacións máis correctas dos trazados e a escala axeitada tanto nos restos arqueolóxicos, entre os que se atopan os epigráficos ou os arquitectónicos, como nas pontes. Aínda así, máis aló da Vía Nova, a pegada da traza da vía romana en Galicia segue sendo obxecto de debate, onde os criterios arqueolóxicos teñen que sumarse aos da enxeñaría, e incluso ás novas posibilidades de lectura do territorio que permiten a cartografía ou as tecnoloxías xeoespaciais. Fronte á protección do territorio histórico dos Camiños de Santiago, a traza das vías romanas (mais alá dalgunha ponte romana, como as de Ourense ou Bibei, o resto están só inventariados) e as vías romanas (incluída a Vía Nova), polas características dispersas dos restos atopados, non tiveron ningún tipo de protección, o que determinou a desaparición recente dunha parte importante dos restos conservados, e incluso a localización na propia traza de determinadas instalacións. Debater, polo tanto, sobre o estado das vías romanas en Galicia e a necesidade dunha maior protección será o obxecto deste Encontro Monográfico.


Hemeroteca
23-05-2017
En directo: O estado actual das vías romanas en Galicia e a necesidade dunha maior protección
23-05-2017
Unha xornada analiza o estado de conservación das vías romanas
Ficha técnica
Coordinación
» Carlos Nárdiz Ortiz
Relator/a
» Manuel Chaín
» Santiago Ferrer
» Carlos Nárdiz Ortiz
» César Parcero-Oubiña
» Fermín Pérez Losada
Organiza
» Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG)
Lugar de celebración

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705, Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205