A mostra componse de 51 fotografías en branco e negro que reflicten o éxodo galego cara a América entre os anos 1957 e 1963, desde os portos da Coruña e Vigo.
Esta exposición distribúese en tres áreas (A Ida, A Volta, e o Buque Santa María), con imaxes protagonizadas por xente anónima e polas súas experiencias arredor do embarque ou desembarque dos buques que os levaban cara a América.