consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Turismo masivo e patrimonio. Converxencias e diverxencias dun diálogo posible
xornada | 6 e 7 de xullo de 2017
Información

Os conceptos de Turismo e Patrimonio Cultural e as prácticas que arredor deles se levan a cabo na nosa comunidade sempre viñeron da man. A riqueza do Patrimonio Cultural, que dá sentido e estrutura á paisaxe galega, é unha realidade que nas últimas décadas colleu máis significado identitario, se cabe, ao ser incluídas as nosas manifestacións culturais máis sobranceiras na lista do Patrimonio Mundial. Unha delas, de feito, leva séculos servindo de camiño para as ideas e o contacto intercultural colaborando na conformación paulatina da nova idea de Europa. Estas tendencias nos fan falar e pensar sobre o turismo sostible, o patrimonio cultural material e inmaterial, a socialización cultural dos seus bens, o acceso a este, a difusión e transmisión da cultura patrimonializada.


Porén, a realidade é que o crecemento masivo e expansivo do turismo, positivo nalgúns aspectos, presenta a súa problemática, que ten unha tradución directa na necesidade de reflexionar sobre a incidencia da súa masificación nos bens culturais, sobre a alternativa dun turismo sostible ou sobre como debemos xestionar a relación entre turismo e patrimonio cultural.


Na nosa comunidade, arredor de bens culturais tan senlleiros como a catedral e o conxunto histórico de Santiago ou os Camiños de Santiago, Turismo e Patrimonio Cultural entrecrúzanse, pero non sempre con intereses comúns nin converxentes, onde o valor de cambio vai por riba do valor de uso.


Nestas xornadas pretendemos reflexionar dende a crítica construtiva sobre estes aspectos, sobre como afecta o turismo masivo aos bens culturais e naturais do patrimonio mundial, sobre a xestión dos centros do patrimonio mundial ou sobre as paisaxes culturais como os Camiños de Santiago ou os conxuntos históricos urbanos ou territoriais.


Nun formato aberto e dinámico, trátase de debater sobre tres temas concretos e a súa relación co turismo masivo: centros históricos, patrimonio mundial e paisaxe cultural galega e as súas diferentes categorías legais.


Presentación
Data de celebración: 2017-07-06 09:30:00
https://youtu.be/66CpjDyyq-0

Presentación

Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega (CCG)
Nava Castro Domínguez, directora de Turismo de Galicia
Rebeca Blanco Rotea, coordinadora da Sección de Patrimonio e Bens Culturais, CCG
Carlos Nárdiz, coordinador das xornadas

Manuel Chaín Pérez, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural


Cidade histórica e turismo: Funcións e capacidade de acollida turística da catedral e o conxunto histórico de Santiago de Compostela
Data de celebración: 2017-07-06 10:00:00
https://youtu.be/CIAH7zG6eCk

TEMA 1: PLANS TURÍSTICOS EN CENTROS HISTÓRICOS

Cidade histórica e turismo: Funcións e capacidade de acollida turística da catedral e o conxunto histórico de Santiago de Compostela 
M. Ángel Troitiño Vinuesa, catedrático de Xeografía Humana da Universidad Complutense de Madrid


Mesa de debate: Conxuntos históricos de Galicia e xestión turística
Data de celebración: 2017-07-06 11:30:00
https://youtu.be/VOsEFXCgdQ8

Mesa de debate: Conxuntos históricos de Galicia e xestión turística
Presenta e modera: Iago Seara, arquitecto, CCG

Jorge Duarte e Marta Lois, Concello de Santiago de Compostela
Manuel Chaín Pérez, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural
José Ramón Castiñeiras Sobrido, xefe da Área de Imaxe e Xestión de Marca Turismo de Galicia
Elías J. Torres Feijó, Universidade de Santiago de Compostela


Debate
Data de celebración: 2017-07-06 13:30:00
https://youtu.be/IqWVg5zt7uo

M. Ángel Troitiño Vinuesa, catedrático de Xeografía Humana da Universidad Complutense de Madrid

Jorge Duarte e Marta Lois, Concello de Santiago de Compostela
Manuel Chaín Pérez, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural
José Ramón Castiñeiras Sobrido, xefe da Área de Imaxe e Xestión de Marca Turismo de Galicia
Elías J. Torres Feijó, Universidade de Santiago de Compostela

Presenta e modera: Iago Seara, arquitecto, CCG

 


Os plans de xestión de espazos Patrimonio da Humanidade: o caso de Guimarães
Data de celebración: 2017-07-06 16:30:00
https://youtu.be/Uw_ZfCQBgVk

TEMA 2: TURISMO E PATRIMONIO MUNDIAL

Os plans de xestión de espazos Patrimonio da Humanidade: o caso de Guimarães 
Alexandra Gesta, arquitecta, Câmara Municipal de Guimarães


Mesa de debate: Os camiños de Santiago
Data de celebración: 2017-07-06 18:00:00
https://youtu.be/4jVPkDTHGFY

Mesa de debate: Os camiños de Santiago
Presenta e modera: Carlos Nárdiz, enxeñeiro de camiños, CCG

Rafael Sánchez Bargiela, director-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo de Turismo de Galicia
Teresa Nieto, Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia
Cristina Sánchez Carretero, Instituto de Ciencias do Patrimonio, CSIC
Juan Antonio Naveira Seoane, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural


Modelos de xestión dunha paisaxe cultural entre España e Portugal: Duero – Douro
Data de celebración: 2017-07-07 10:00:00
https://youtu.be/TAajtLax7GM

TEMA 3: PAISAXE CULTURAL E TURISMO

Modelos de xestión dunha paisaxe cultural entre España e Portugal: Duero – Douro
David de Salvador Velasco, coordinador de EUROPARQUES - EBI DueroDouro


Mesa de debate: A Ribeira Sacra como patrimonio e turismo sostible?
Data de celebración: 2017-07-07 11:30:00
https://youtu.be/qcwbS4SQWM8

Mesa de debate: A Ribeira Sacra como patrimonio e turismo sostible?
Presenta e modera: Rebeca Blanco Rotea, arqueóloga, CCG

Ana Goy Diz, Universidade de Santiago de Compostela
José Luis Maestro Castiñeiras, director de Competitividade
Xerardo Pereiro Pérez, Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro
David de Salvador Velasco, EUROPARQUES - EBI DueroDouro


Hemeroteca
07-07-2017
Expertos reclaman no Consello da Cultura fixar a xestión da Ribeira Sacra antes da súa declaración como Ben de Interese Cultural
07-07-2017
En directo: Turismo masivo e patrimonio. Converxencias e diverxencias dun diálogo posible
06-07-2017
Unha xornada do Consello da Cultura insiste na necesidade de reordenar e desestacionalizar o turismo
06-07-2017
En directo: Turismo masivo e patrimonio. Converxencias e diverxencias dun diálogo posible
05-07-2017
Unha xornada analiza desde mañá o equilibrio entre turismo masivo e patrimonio
Ficha técnica
Comité científico
» Rebeca Blanco Rotea
» Teresa Nieto
» Iago Seara
Coordinación
» Carlos Nárdiz Ortiz
Inauguración
» Nava Castro Domínguez
» María del Carmen Martínez Insua
» Ramón Villares
Participante
» José Ramón Castiñeiras Sobrido
» Manuel Chaín
» Jorge Duarte
» Ana Goy
» José Luis Maestro Castiñeiras
» Juan Naveira
» Xerardo Pereiro Pérez
» José Manuel Rodríguez
» Rafael Sánchez Bargiela
» Cristina Sánchez Carretero
» Elías Torres
Relator/a
» David de Salvador Velasco
» Alexandra Gesta
» Marta Lois
» M. Ángel Troitiño Vinuesa
Organiza
» Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG)
Participantes
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
Lugar de celebración

COMITÉ CIENTÍFICO
Rebeca Blanco Rotea
Teresa Nieto
Iago Seara


LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205