consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Traxectoria dos montes comunais galegos: a súa consideración como recurso produtivo, ambiental, paisaxístico e de calquera outro tipo
xornada | 28 e 29 de setembro de 2017
Información

Por razóns diversas -entre as que figuran os graves problemas ambientais, a revalorización da vida rural e a expansión e influencia dos movementos ecolóxicos, que impulsaron novas olladas históricas sobre o aproveitamento dos recursos naturais- o interese polo estudo e adecuada gobernanza dos bens comunais aumentou moito nos últimos tempos. Neste contexto, Galicia constitúe un exemplo extraordinario. Até principios do século pasado, tres cuartas partes da súa superficie estaban  ocupadas por montes que, se durante séculos non fosen xestionados polos veciños de aldeas e parroquias de maneira eficiente, acomodando os seus usos aos cambios que se ían producindo no complexo agropecuario, non conservarían, na meirande parte dos casos, o seu carácter comunal. 
As mudanzas foron radicais no último século: os procesos de privatización, de “estatalización”, a repoboación forestal e “devolución”, a “revolución verde”, as diversas e graves consecuencias do despoboamento e abandono do mundo rural, as necesidades dunha axeitada ordenación do territorio que debe considerar integrar os usos do monte, a nova valoración da paisaxe como patrimonio (que en boa medida recupera ideas de Otero Pedrayo e da xeración Nós) que vai unida a miúdo a procesos de apropiación cultural e que obriga a considerar o monte, e en xeral o territorio, como arquivo da memoria das comunidades que se sucederon no seu control, aproveitamento e transformación. Estes e outros cambios parecen razóns poderosas que aconsellan facer unhas reflexións e debates que, a partir das ensinanzas do pasado, aborden, entre os varios problemas, a situación presente dos montes veciñais desde unha perspectiva pluridisciplinar para analizar os seus usos reais e potenciais, ou sexa, as experiencias e as oportunidades de cara ao futuro no uso dos recursos; as boas prácticas e non tan boas na súa xestión, as consecuencias do abandono das aldeas e o tratamento do monte nas políticas de ordenación do territorio que han de procurar a conservación do medio e a protección da paisaxe como un elemento fundamental do patrimonio cultural.  


 


Inauguración
Data de celebración: 2017-09-28 09:15:00


https://youtu.be/JZurwaPGang


O retorno dos comunais: institucións, regras e equilibrios de poder
Data de celebración: 2017-09-28 09:30:00
https://youtu.be/wg0XerKqp1s

O retorno dos comunais: institucións, regras e equilibrios de poder
José Miguel Lana Berasain. Universidad Pública de Navarra


A pervivencia dos montes veciñais galegos: razóns e distorsións
Data de celebración: 2017-09-28 10:15:00
https://youtu.be/6vn-ERY1xzg

A pervivencia dos montes veciñais galegos: razóns e distorsións 
Xesús Balboa. Universidade de Santiago de Compostela


Terras comúns, intereses cruzados: o monte veciñal galego no século XX
Data de celebración: 2017-09-28 11:15:00


https://youtu.be/Bw6svcWgd4E

Terras comúns, intereses cruzados: o monte veciñal galego no século XX
Ana Cabana Iglesias. Universidade de Santiago de Compostela


O "problema da terra" na Galiza do século XXI e o papel dos montes veciñais en man común
Data de celebración: 2017-09-28 12:00:00
https://youtu.be/BknYSdIiEi4

O "problema da terra" na Galiza do século XXI e o papel dos montes veciñais en man común
Edelmiro López Iglesias. Universidade de Santiago de Compostela


Debate
Data de celebración: 2017-09-28 12:45:00
https://youtu.be/e9mtpJ1hCJs


Rozas, estivadas e pan de vedro: o cultivo temporal do monte na Galicia da Idade Moderna
Data de celebración: 2017-09-28 16:30:00
https://youtu.be/I-egyX0s0ts

Rozas, estivadas e pan de vedro: o cultivo temporal do monte na Galicia da Idade Moderna
Hortensio Sobrado Correa. Universidade de Santiago de Compostela


Os montes e a súa toponimia
Data de celebración: 2017-09-28 17:15:00
https://youtu.be/v7pzUgRX6Ng

Os montes e a súa toponimia
Antón Santamarina. Universidade de Santiago de Compostela


Mesa redonda: Montes, ordenación do territorio e paisaxe
Data de celebración: 2017-09-28 18:00:00
https://youtu.be/TKRswA_t_4U

Mesa redonda: Montes, ordenación do territorio e paisaxe
Presenta e modera: Iago Seara Morales
Daniel Pino Vicente. Lcdo. en Ciencias Políticas, urbanista, Consultora Galega
Alfonso Díaz Revilla. Arquitecto, profesor da ETSA da Coruña; Oficina de Planeamento
Inés Santé. Directora do Instituto de Estudos do Territorio
Plácido Baamonde López. Doutor Enxeñeiro Agrónomo 


Los bienes concejiles de aprovechamiento comunal en la provincia de León: presencia, gestión y valor, siglos XVI-XX
Data de celebración: 2017-09-29 09:30:00
https://youtu.be/gX8bwH4n8Ss

Los bienes concejiles de aprovechamiento comunal en la provincia de León: presencia, gestión y valor, siglos XVI-XX
Laureano Rubio Pérez. Universidad de León


Baldíos, percursos do último século
Data de celebración: 2017-09-29 10:15:00
https://youtu.be/d7HX933r3_M

Baldíos, percursos do último século
Fernando Silva Oliveira Baptista. Enxeñeiro agrónomo polo Instituto Superior de Agronomia / Universidade Técnica de Lisboa; profesor catedrático do Instituto Superior de Agronomia


Mesa redonda: As boas prácticas na xestión dos montes veciñais
Data de celebración: 2017-09-29 11:15:00
https://youtu.be/zWtiD8cBERI

Mesa redonda: As boas prácticas na xestión dos montes veciñais
Presenta e modera: María do Mar Pérez Fra
Marcelino Díaz Campos. Comunidade de Espiñarcao, Abadín
José Antonio Barbeito. Presidente da Comunidade de Montes de Xalo, Culleredo
Isaac González. Presidente da Comunidade de Montes de Santa Mariña do Rosal, O Rosal


Mesa redonda: Propostas para a posta en valor dos montes veciñais
Data de celebración: 2017-09-29 12:30:00


https://youtu.be/u3xnBW73hi0

Mesa redonda: Propostas para a posta en valor  dos montes veciñais
Presenta e modera: María do Mar Pérez Fra
Alfredo Pereira. Presidente de Organización Galega de Comunidades de Montes.
Carlos Morgade. Presidente de Iniciativa Comunales
Vanesa Castro López. Montenoso
Carlos González Andrés. Xefe do Servicio de montes veciñais en man común e estruturas forestais


Debate
Data de celebración: 2017-09-29 13:15:00
https://youtu.be/u-iKaVEEEOQ

Presenta e modera: María do Mar Pérez Fra
Marcelino Díaz Campos. Comunidade de Espiñarcao, Abadín
José Antonio Barbeito. Presidente da Comunidade de Montes de Xalo, Culleredo
Isaac González. Presidente da Comunidade de Montes de Santa Mariña do Rosal, O Rosal

Alfredo Pereira. Presidente de Organización Galega de Comunidades de Montes.
Carlos Morgade. Presidente de Iniciativa Comunales
Vanesa Castro López. Montenoso
Carlos González Andrés. Xefe do Servicio de montes veciñais en man común e estruturas forestais


Clausura
Data de celebración: 2017-09-29 14:00:00
https://youtu.be/5gqBmqx99Do


Documentos