consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Ciberacoso: violencia de xénero e mocidade
xornada | Martes, 10 de outubro de 2017
Información

O que fai da violencia un fenómeno de inxustiza social e non só unha acción individual moralmente mala é o seu carácter sistemático, a súa existencia en canto práctica social.
(Iris Marion Young)


 


O pensamento feminista en xeral e os feminismos organizados en concreto contribuíron decisivamente a que a violencia contra as mulleres saíra do peor dos lugares, o da inexistencia produto do silenciamento. Rachar o silencio implica coñecer, deixar de mirar para outro lado, e permite abrir vías para afondar nas lóxicas sociais e culturais que estruturan a dita violencia. Atender as súas constantes, variacións e reactualizacións para poder intervir ata conseguir erradicala é un obxectivo necesario. Para iso, o esforzo por dotármonos de conceptos, termos e espazos de reflexión que permitan pensar, comprender e atender esta realidade en toda a súa complexidade foi e segue a ser fundamental.


As mozas sofren a violencia en diferentes contornas, na familiar, na escolar e tamén nas primeiras relacións afectivas. A reprodución de estereotipos sexistas, a comprensión do amor como dominación e control ou a “normalización” da cultura da violación fan necesario desenvolver ferramentas educativas e lexislativas que permitan previr e tratar todas as novas formas de violencia. As redes sociais e o ciberespazo poden devir en espazos de liberdade e transformacións e, tamén, en novas trampas para reproducir os modelos de submisión e violencia contra as mulleres.


Atendendo a isto, desde a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega consideramos importante contribuír ao debate social, e articulamos unha xornada que, desde unha óptica multidisciplinar, antropolóxica, educativa, xurídica, policial, entre outras, permita afondar na relación violencia e mocidade nas contornas vinculadas coas novas tecnoloxías. Propoñemos unha achega ás novas formas de violencia que, acotío e a través do ciberespazo, se traducen en formas de control e dominación sobre as mozas.


  


Imaxe da portada:Banksy(@thereaIbanksy) agosto 29,2014. pic.twitter.com/Q1dKwJHRi9


Hemeroteca
10-10-2017
Expertos reclaman no Consello da Cultura unha maior educación e prevención ante o incremento da violencia de xénero
10-10-2017
En directo: Ciberacoso: violencia de xénero e mocidade
09-10-2017
Unha xornada analiza mañá novas formas de violencia de xénero
Ficha técnica
Coordinación
» Carme Adán Villamarín
» Nieves Santomé Couto
Inauguración
» María Xosé Porteiro García
» Ramón Villares
Presenta
» Carme Adán Villamarín
» Ramón Máiz Suárez
» Xosé Manuel Pereiro
Relator/a
» Carmén Cajide Herves
» Paz Filgueira Paz
» Sonia Rama
» Antonio Rial Boubeta
» Laura Segato
» Ana Torres Jack
Organiza
» Comisión de Igualdade (CCG)
Lugar de celebración

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705. Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205