consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Etiqueta na túa lingua, camiña polo mundo con identidade
xornada | Martes, 26 de setembro de 2017
Información

As empresas galegas nos últimos anos incrementan, cada vez máis, os seus investimentos en marketing. Apostar en mercados locais e internacionais cada vez máis competitivos supón investir en valor engadido para os produtos e non cabe dúbida de que a etiquetaxe dos produtos é un elemento fundamental nas estratexias de creación e posta en valor de marcas. Esta xornada pretende analizar a presenza actual da lingua galega e outras linguas minoritarias no campo do comercio e da industria, desde dous ámbitos: a súa presenza cuantitativa e cualitativa neste ámbito económico e social, e as súas posibilidades e potencialidades como valor de marca e como xeradora do valor engadido dos produtos nos novos contextos económicos.


Con tal fin, participan nesta xornada diferentes expertos do ámbito académico, así como representantes de empresas que destacaron, en diferentes sectores, no uso da lingua galega nas súas accións de cara á clientela. O obxectivo é coñecer o impacto, as posibilidades, as dificultades e os desafíos do uso da lingua de Galicia no ámbito comercial, de interese tanto para os investigadores deste ámbito coma para os profesionais e estudantes do sector empresarial e da comunicación corporativa.


Inauguración
Data de celebración: 2017-09-26 10:15:00


https://youtu.be/jVEHL_YBRm8


Etiquetaxe en galego e dereito
Data de celebración: 2017-09-26 10:30:00
https://youtu.be/4mgtTmeD0gk

Etiquetaxe en galego e dereito
José Antonio Gómez Segade, catedrático emérito de Dereito Mercantil, Universidade de Santiago de Compostela


A lingua galega como posicionamento e valor de mercado
Data de celebración: 2017-09-26 12:00:00
https://youtu.be/J3-vDRUqrmE

Mesa redonda
A lingua galega como posicionamento e valor de mercado
Modera: Alba Nogueira 

Alberto Pena, profesor titular de Historia da Propaganda e da Publicidade, Universidade de Vigo
Anxo Tato, catedrático de Dereito Mercantil, Universidade de Vigo
José María Fonseca Moretón, Bodegas Terras Gauda 
Edita de Lorenzo, Asociación PuntoGal
Iván Fernández, Comunicación e Marketing de Galicia Calidade, Xunta de Galicia


Promoción de produtos etiquetados en linguas minoritarias
Data de celebración: 2017-09-26 17:00:00


https://youtu.be/uSeSRHPwioo

Promoción de produtos etiquetados en linguas minoritarias
Juan Manuel Corbacho Valencia, vicerreitor do campus de Pontevedra e profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, Universidade de Vigo


Marca e etiquetaxe en lingua galega
Data de celebración: 2017-09-26 18:00:00


https://youtu.be/--UuxG7KT1Q

Mesa redonda 
Marca e etiquetaxe en lingua galega
Modera: Enrique Sáez Ponte 

Patricia Sánchez Lorenzo, Leite Noso
Lito Andión, Cooperativa Hoxe
Adriana Freire, Dinahosting
Francisco Kike Piñeiro, A Horta do Obradoiro


Hemeroteca
26-09-2017
En directo: Etiqueta na túa lingua, camiña polo mundo con identidade
25-09-2017
Unha xornada do Consello da Cultura Galega aborda a etiquetaxe en galego
Ficha técnica
Coordinación
» Rosario Álvarez
» Rosa Aneiros
» Manuel Gago
» Xosé López García
Modera
» Alba Nogueira
» Enrique Sáez
Participante
» Lito Andión
» Iván Fernández
» José María Fonseca Moretón
» Adriana Freire
» Edita de Lorenzo
» Alberto Pena
» Francisco Kike Piñeiro
» Patricia Sánchez Lorenzo
» Anxo Tato
Relator/a
» Juan Manuel Corbacho
» Xosé Antón Gómez Segade
Colabora
» Secretaría Xeral de Política Lingüística
Organiza
Lugar de celebración

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205