Segundo Congreso Internacional Irmandades da Fala. Cultura e política na España de entreguerras

Congreso. Irmandades da Fala

Segundo Congreso Internacional Irmandades da Fala. Cultura e política na España de entreguerras

18 e 19 de outubro de 2017
Santiago de Compostela
Congreso
Irmandades da Fala

Segundo Congreso Internacional Irmandades da Fala. Cultura e política na España de entreguerras

18 e 19 de outubro de 2017 Santiago de Compostela

A aparición das Irmandades da Fala, fundadas en 1916 e “refundadas” en 1918, coincide cun período de profundos cambios en España e en Europa, quer pola Primeira Guerra Mundial, quer pola crise padecida polo Estado da Restauración en España, especialmente aguda durante o ano 1917.


Despois dun primeiro encontro, realizado en outubro de 2016, no que se analizou o movemento das Irmandades no plano europeo e de modo comparado, este segundo encontro céntrase no espazo ibérico no período de entreguerras, co obxectivo de analizar as semellanzas e contrastes entre os diversos proxectos nacionais xurdidos naquela época (Cataluña, Euskadi, Galicia) e tamén a posición dalgúns intelectuais de referencia ante a cuestión nacional, tanto en España (Ortega y Gasset, Pardo Bazán), como en Portugal (Teixeira de Pascoaes).


No vindeiro ano 2018, terá lugar un terceiro encontro sobre as Irmandades da Fala e as comunidades galegas no exterior, nas repúblicas americanas.

ASISTENCIA

INSCRICIÓN
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia ao congreso.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.

LUGAR

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705. Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal/mediateca


 


 


1916-1918
CENTENARIO DAS IRMANDADES DA FALA

Ficha técnica 
Congreso.
Irmandades da Fala
Segundo Congreso Internacional Irmandades da Fala. Cultura e política na España de entreguerras
Cando
18 e 19 de outubro de 2017
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705. Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Ramón Máiz Suárez
Relator/a
Xusto G. Beramendi
Isabel Burdiel
António M. Feijó
Jordi Gràcia
José Luis de la Granja
Carmen Pena
Borja de Riquer
José Luís Villacañas
Organiza

Imaxe: Representantes das Irmandades da Fala na Semana Galega de Barcelona, 1917