consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Poetas itinerantes: encontro de poesía galega e catalá
recital | Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2017 ás 19 horas
Información

O programa “Poetas itinerantes” recunca en Galicia. Logo do diálogo entre a poesía vasca e galega que tivo lugar en Santiago de Compostela na primavera de 2016, é o tempo de que voces galegas e catalás unan os seus versos para nos ofrecer unha mostra da poética contemporánea que se está a facer en Galicia e Cataluña. 


Miren Agur Meabe, Leire Bilbao, Anxo Angueira, Gonzalo Hermo, Dores Tembrás e Manuel Rivas deixaron o pouso dos seus versos en Compostela e tamén en Bilbao, durante a visita de volta que se produciu en outono de 2016 no Edificio de Tabakalera. Agora é a quenda dos poemas de Anna Gual, Joan Pons, Blanca Llum Vidal, Marilar Aleixandre, Yolanda Castaño e Rosalía Fernández Rial. Estas voces consolidadas e novidosas das poéticas catalá e galega danse a man nun encontro en Santiago que ten lugar o mércores, 4 de outubro, ás 19 horas no Consello da Cultura Galega.


O acto será presentado por Mercedes Queixas, membro da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega e secretaria da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.


Promovido polo Instituto Etxepare, o Instituto Ramón Llull e o Consello da Cultura Galega, este recital forma parte dun proxecto iniciado en Barcelona en 2015 que procura tender unha ponte máis cara a un futuro intercultural e multilingüe. 


Hemeroteca
03-10-2017
Adiado o recital “Poetas itinerantes” por imposiblidade de viaxar da comitiva catalá
Ficha técnica
Participante
» Marilar Aleixandre
» Yolanda Castaño
» Rosalía Fernández Rial
» Anna Gual
» Blanca Llum Vidal
» Joan Pons
Presenta
» Mercedes Queixas
Ámbito
» Comisión de Acción Exterior (CCG)
» Sección de Lingua, Literatura e Comunicación (CCG)
Organiza
Lugar de celebración

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705. Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205