Conversas con... Klaus Bochmann arredor da Hexemonía lingüística e os donos da linguaxe

Conferencia. Conversas con

Conversas con... Klaus Bochmann arredor da Hexemonía lingüística e os donos da linguaxe

Martes, 17 de outubro de 2017 ás 18:30 horas
Santiago de Compostela
Conferencia
Conversas con

Conversas con... Klaus Bochmann arredor da Hexemonía lingüística e os donos da linguaxe

Martes, 17 de outubro de 2017 ás 18:30 horas Santiago de Compostela

Conversas con...  KLAUS BOCHMANN arredor da "Hexemonía lingüística e os donos da linguaxe", presentado por Xesús Alonso Montero.


Klaus Bochmann (Dresde, 1939) é un sobranceiro romanista e sociolingüista alemán. Desde 1971 é profesor da Universidade de Leipzig, onde exerceu de 1978 a 1992 como titular de Lingua Romanesa, e de 1992 a 2004 como  catedrático de lingüística francesa, francófona e italiana. As súas especialidades son a lingua romanesa e o seu parente o idioma moldavo, e mais a sociolingüística das linguas romances, con atención ao estudo lingüístico dos textos políticos. Colaborou coa tradución ao alemán e a edición dos Cadernos do cárcere de Antonio Gramsci (10 vols.) e outros escritos deste autor e mais de Pirandello, Pavese ou Calvino. Promoveu a tradución ao alemán das Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas, sobre a que escribiu un extenso estudo. Dedicou varios traballos ao galego, tanto referentes aos primeiros textos en prosa dos inicios do século XIX (“Valores e funcións pragmáticas dos primeiros textos en galego procedentes da Guerra de Independencia de España”, 1992), como á posición sociolingüística do noso idioma: “En torno al problema de la normalización del gallego contemporáneo” (1983), “Problemi della ‘normalizzazione della lingua gallega” (1985); “Le Galicien, une langue doublement polynomique” (1990); “À l’Est comme à l’Ouest, où les extrêms –géographiques- se touchent: Galice et la Moldavie devant le problème de la langue”(2000).


Leva publicados 25 libros e perto de 200 artigos científicos en alemán, francés, italiano, romanés, e inglés, entre os cales:
Regional- und Nationalitätensprachen in Frankreich, Italien und Spanien. Leipzig 1989. (Idiomas rexionais e nacionais en Francia, Italia e España).  
Soziolinguistik der romanischen Sprachen. Leipzig, 1991. (Sociolingüística das linguas romances).
Sprachliche Individuation in mehrsprachigen Regionen Osteuropas. Band 1: Republik Moldova. Band 2: Ukraine. Leipzig, 2007, 2009. (Individualización lingüística nas rexións multilingües de Europa do Este. Volume 1: República de Moldavia. Volume 2: Ucrania). 

ASISTENCIA

INSCRICIÓN
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

LUGAR

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal/mediateca

Ficha técnica 
Conferencia.
Conversas con
Conversas con... Klaus Bochmann arredor da Hexemonía lingüística e os donos da linguaxe
Cando
Martes, 17 de outubro de 2017 ás 18:30 horas
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205