consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Sociedade móbil e cultura: novos e vellos desafíos
xornada | xoves, 9 de novembro de 2017
Información

A comunicación móbil configúrase como un dos elementos característicos e definitorios do ecosistema dixital que enmarca a sociedade rede da segunda década do terceiro milenio. As tendencias dos últimos anos mostran un crecemento espectacular no tráfico de mensaxes nestes dispositivos. E todos os indicadores e estudos de referencia apuntan que este modelo comunicativo e cultural veu para quedar.

Algúns datos recentes achegan evidencias da importancia destes dispositivos móbiles no ámbito da comunicación e da cultura. No ano 2016, o tráfico de Google alcanzou a marca do 50 por cento para dispositivos móbiles por primeira vez, fronte a un 42 por cento nos dispositivos de escritorio. E no ano 2017 esta cifra medrou ata o 60 por cento, mentres o de Facebook pasou do 78 por cento ao 87 por cento.

Neste contexto, o obxectivo desta xornada é analizar como a sociedade móbil está mudando usos e consumos de produtos culturais. Trátase de dispoñer de visións do novo marco, nas vésperas da cuarta revolución industrial, e da situación da cultura galega nese escenario en construción.

Esta primeira xornada que promove o Consello da Cultura pretende, pois, xuntar especialistas que sitúen e definan o marco xeral da actual comunicación móbil. A partir destas achegas, organizaranse diferentes actividades para analizar as consecuencias en todos os ámbitos do ecosistema cultural galego e fomentar o debate con actores do sector cultural do noso país.


 


Inauguración
Data de celebración: 2017-11-09 09:15:00




https://youtu.be/wIrXjMxAnn8

Inauguración

Xosé López García

Ramón Villares


Contornas de información ubicua. Catálogo de desafíos pendentes
Data de celebración: 2017-11-09 09:30:00
https://youtu.be/AjVYTrdNgxY

Contornas de información ubicua. Catálogo de desafíos pendentes 
Juan Miguel Aguado. Universidad de Murcia. Director xeral de RTRM


Produción e consumo de información en móbiles. Unha visión do panorama europeo
Data de celebración: 2017-11-09 10:30:00


https://youtu.be/N_ByJO__s4U

Produción e consumo de información en móbiles. Unha visión do panorama europeo
Oscar Westlund. Götegorgs Universitet


Periodismo móbil e cultura móbil
Data de celebración: 2017-11-09 12:00:00
https://youtu.be/td9RU07yY6I

Periodismo móbil e cultura móbil
Koldobika Meso Ayerdi. Euskal Herriko Unibertsitateak


O móbil como oportunidade para producir contidos e intervir
Data de celebración: 2017-11-09 13:00:00
https://youtu.be/t2P_eXEvFHs

O móbil como oportunidade para producir contidos e intervir
João Canavilhas. Universidade da Beira Interior


A comunicación política na sociedade móbil: oportunidades e retos nunha contorna híbrida
Data de celebración: 2017-11-09 16:30:00
https://youtu.be/mvW97P5VIYU

A comunicación política na sociedade móbil: oportunidades e retos nunha contorna híbrida
Andreu Casero-Ripollés. Universitat Jaume I


Oportunidades da comunicación móbil para os actores culturais: o prosumo como actividade creativa
Data de celebración: 2017-11-09 17:30:00
https://youtu.be/e_x15capUis

Oportunidades da comunicación móbil para os actores culturais: o prosumo como actividade creativa
Eva Campos. Universidad de Valladolid


A conquista de novos territorios comunicativos para a cultura galega
Data de celebración: 2017-11-09 18:30:00
https://youtu.be/buM04XGeLfM

A conquista de novos territorios comunicativos para a cultura galega 
Manuel Gago. Consello da Cultura Galega, Universidade de Santiago de Compostela


Hemeroteca
09-11-2017
Unha xornada destaca a importancia dos dispositivos móbiles para culturas minoritarias
09-11-2017
En directo: Sociedade móbil e cultura: novos e vellos desafíos
08-11-2017
Expertos analizan mañá nunha xornada os cambios da sociedade móbil
Ficha técnica
Comisión organizadora
» Manuel Gago
» Xosé López García
» Alba Silva
Relator/a
» Juan Miguel Aguado
» Eva Campos
» João Canavilhas
» Andreu Casero Ripollés
» Manuel Gago
» Koldo Meso
» Oscar Westlund
Organiza
» Consello da Cultura Galega
Lugar de celebración

COORDINACIÓN
Xosé López García
Alba Silva
Manuel Gago


LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205