O presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Ramón Villares, e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asinarán un acordo de colaboración para o financiamento da elaboración de materiais de diagnóstico sobre a situación da cultura galega. Na rolda de prensa, que terá lugar na biblioteca do Consello da Cultura, darán conta dos obxectivos dese convenio que servirá de base para a elaboración da Estratexia da Cultura Galega 2021.
Datos da convocatoria
Organiza: Consello da Cultura Galega e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Data: 25 de outubro de 2017
Lugar: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Hora: 13:00 horas