consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


O recital de poesía Poetes itinerantes-Poetas itinerantes viaxa a Barcelona
recital | Barcelona, 2 de novembro de 2017
Información

O programa “Poetas itinerantes” viaxa a Barcelona. Logo do diálogo entre a poesía vasca e galega que tivo lugar en Santiago de Compostela na primavera de 2016, é o tempo de que voces galegas e catalás unan os seus versos para nos ofrecer unha mostra da poética contemporánea que se está a facer en Galicia e Cataluña. 


Miren Agur Meabe, Leire Bilbao, Anxo Angueira, Gonzalo Hermo, Dores Tembrás e Manuel Rivas deixaron o pouso dos seus versos en Compostela e tamén en Bilbao, durante a visita de volta que se produciu en outono de 2016 no Edificio de Tabakalera. Agora é a quenda dos poemas de Anna Gual, Joan Pons, Blanca Llum Vidal, Marilar Aleixandre, Yolanda Castaño e Rosalía Fernández Rial. Estas voces consolidadas e novidosas das poéticas catalá e galega danse a man nun encontro en Barcelona que ten lugar o xoves, 2 de novembro, ás 19 horas no Pipa Club. O acto será presentado por Eduard del Castillo Velasco.


Promovido polo Instituto Etxepare, o Instituto Ramón Llull e o Consello da Cultura Galega, este recital forma parte dun proxecto iniciado en Barcelona en 2015 que procura tender unha ponte máis cara a un futuro intercultural e multilingüe. 
O acto terá lugar o 2 de novembro de 2017 ás 19 horas no Pipa Club de Barcelona.



Hemeroteca
01-11-2017
Barcelona acolle mañá un recital do ciclo “Poetas itinerantes” do Consello da Cultura
Ficha técnica
Lugar de celebración

Pipa Club
Carrer de Santa Eulàlia, 21
Barcelona