
Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org
Información
A súa figura responde ao modelo de intelectual independente e comprometido que xorde na Europa posterior á Segunda Guerra Mundial, seguro dos seus principios e, ao mesmo tempo, áxil, eficaz e pragmático na aplicación dos mesmos
Víctor F. Freixanes
Unha ollada atenta á historia galega das últimas décadas do século XX revela que Carlos Casares foi moito máis ca un creador e, por esa razón, o Consello da Cultura Galega -institución que presidiu entre 1996 e 2002- quere poñer o foco na súa faceta pública coma escritor e coma intelectual. Neste encontro analízase o papel xogado por Casares no campo político-cultural da Transición e da nacente Galicia autonómica, así como a súa actividade como difusor das letras galegas no exterior e o seu firme compromiso co afortalamento dun sistema literario maduro, autónomo e de calidade.
Nas diferentes sesións contextualizaremos na historia das últimas décadas o seu labor político, a súa obra xornalística e o seu compromiso cun xornalismo independente ao servizo do público lector. Tamén afondaremos nas súas relacións amicais, institucionais e editoriais con outras literaturas e na importancia que para o Casares creador e editor tivo a tradución entendida non só como canle de exportación e importación de textos e senón tamén como ponte de comunicación intercultural.
Hemeroteca
17-11-2017Un encontro do Consello da Cultura Galega destaca o “hibridismo” de Carlos Casares 15-11-2017
O Consello da Cultura Galega aborda desde mañá nun encontro a faceta pública de Carlos Casares
Ficha técnica
CoordinaciónParticipante
» Antón Baamonde
» Tucho Calvo
» Xosé Manuel Dasilva
» Juan Pablo Fusi
» Carlos Pajares Vales
» María Xosé Porteiro García
» Luís Á. Pousa
» Olivia Rodríguez González
» Fernanda Tabarés
» Andrés Torres Queiruga
» Fernando Valls
» Dolores Vilavedra
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205