consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Simposio ILG 2017. Calen barbas, falen cartas. A escrita en galego na Idade Moderna.
simposio | 20, 21 e 22 de novembro de 2017 - Salón de Graos da Facultade de Filoloxía da USC
Información

Co título de "Calen barbas, falen cartas. A escrita en galego na Idade Moderna", o Simposio ILG 2017 convocará entre o 20 e o 22 de novembro especialistas de diversas ramas do saber para abordaren desde cadanseu punto de vista a análise da produción escrita en lingua galega ao longo dos séculos XVI, XVII e XVIII. Elementos básicos desta análise serán, entre outros, a contextualización histórica e sociolingüística dos textos, a reconstrución da súa xénese e transmisión, a súa edición, a descrición e análise da lingua empregada neles, e o deseño de ferramentas para a análise e explotación dos datos lingüísticos que conteñen. Polo demais, o Simposio reservará un espazo para a presentación pública de Gondomar. Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna, un proxecto desenvolvido ao longo dos últimos anos no Instituto da Lingua Galega, así como para a reflexión sobre os desafíos que implica a construción de corpus especializados.


O Simposio está organizado polo Instituto da Lingua Galega (Universidade de Santiago de Compostela) en colaboración co Consello da Cultura Galega.


Máis información e inscrición: http://ilg.usc.gal/actividades/simposio-ilg-2017


Ficha técnica
Colabora
» Consello da Cultura Galega
Organiza
Lugar de celebración

LUGAR
Salón de Graos
Facultade de Filoloxía da USC
Avda. Castelao, s/n
Campus Norte
Santiago de Compostela