
Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org
Información
A ourivería é unha das manifestacións máis salientables da cultura dos castros do noroeste. A abundancia de recursos auríferos e a mestura de correntes atlánticas e mediterráneas contribúen a explicar unha produción ourive de alta calidade, da que hoxe coñecemos máis de duascentas pezas conservadas nos nosos museos (torques, arracadas, brazaletes, diademas-cinturón, etc.).
A aparente ausencia de contextos, a dificultade de acceso aos materiais e o predominio dos enfoques tipolóxicos condicionaron durante décadas a investigación desta ourivería. Porén, dende comezos do novo milenio veñen xurdindo novos enfoques metodolóxicos e interpretativos. Estas novas achegas priorizan o estudo tecnolóxico e arqueométrico, procuran nova información contextual e cronolóxica e tentan comprender este fenómeno no contexto social das comunidades da Idade do Ferro e dos primeiros tempos da presenza romana.
Dende o ano 2010 o Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC vén liderando proxectos de investigación financiados en convocatorias públicas competitivas orientados ao estudo da metalurxia protohistórica da Europa atlántica. A investigación sobre a ourivería dos castros constitúe unha parte moi salientable destes proxectos. O obxectivo do presente encontro é facer un balance divulgativo do traballo realizado até o presente, con especial énfase nun dos conxuntos máis salientables da ourivería castrexa: o Tesouro de Recouso.
Atopado de maneira casual nun castro do concello de Oroso arredor de 1920, na actualidade o conxunto está composto por 16 arracadas, diversos elementos de suspensión, tres lingotes planoconvexos e unha masa de fundición. Conservado dende o ano 2002 no Museo das Peregrinacións e de Santiago, trátase hoxe en día do conxunto de ourivería castrexa estudado cun maior número de técnicas analíticas.
Os Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural: punto de partida e balance dous anos despois

https://youtu.be/N8yJSi6OZLo
Presentación
Os Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural: punto de partida e balance dous anos despois
Rebeca Blanco-Rotea, doutora en Arqueoloxía e investigadora da Universidade de Santiago e da Universidade de Minho. Coordinadora da Sección de Patrimonio e Bens Culturais do CCG
Iago Seara, arquitecto e profesor da Universidade da Coruña. Sección de Patrimonio e Bens Culturais do CCG
A ourivería dos castros: novas achegas ao seu estudo

https://youtu.be/qRrivKYSAJg
A ourivería dos castros: novas achegas ao seu estudo
Xosé-Lois Armada, investigador Ramón y Cajal do Incipit - CSIC
No obradoiro do ourive: retos e sorpresas na investigación do Tesouro de Recouso
Mesa redonda
No obradoiro do ourive: retos e sorpresas na investigación do Tesouro de Recouso
Xosé-Lois Armada, investigador Ramón y Cajal do Incipit - CSIC
Óscar García-Vuelta, responsable técnico do Laboratorio de Microscopía Electrónica e Microanálise do Instituto de Historia - CSIC
Simona Scrivano, doutora en Física e investigadora do Departamento de Física Atómica Molecular e Nuclear (Universidad de Sevilla) - Centro Nacional de Aceleradores (CNA)
Debate

https://youtu.be/4FVTBGO_PyU
Debate
Modera: Rebeca Blanco-Rotea
Xosé-Lois Armada, investigador Ramón y Cajal do Incipit - CSIC
Óscar García-Vuelta, responsable técnico do Laboratorio de Microscopía Electrónica e Microanálise do Instituto de Historia - CSIC
Simona Scrivano, doutora en Física e investigadora do Departamento de Física Atómica Molecular e Nuclear (Universidad de Sevilla) - Centro Nacional de Aceleradores (CNA)
Hemeroteca
30-11-2017O uso de técnicas variadas e aliaxe de prata e ouro caracterizan a ourivaría castrexa 30-11-2017
En directo: A ourivería dos castros: novos paradigmas 29-11-2017
O Consello da Cultura aborda mañá a ourivaría castrexa nunha xornada
Ficha técnica
CoordinaciónInauguración
Relator/a
Organiza Lugar de celebración
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205