consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Rolda de prensa: presentación iniciativas de Patrimonio
actividade institucional | Venres, 10 de novembro de 2017, ás 11:30 horas
Información

O Consello da Cultura Galega (CCG) presenta o vernes 10 de novembro de 2017 (11:30 horas) en rolda de prensa unha iniciativa conxunta para visibilizar o patrimonio dos Arquivos, Bibliotecas e Museos de Galicia. A iniciativa promovida polo CCG organízase no marco das actividades previstas para celebrar o Día do Patrimonio Mundial que terá lugar o vindeiro 16 de novembro. Na presentación participan o presidente do CCG, Ramón Villares, xunto cos membros da sección de Patrimonio: Concepción Varela e Gabriel Quiroga. Na rolda ofreceranse os detalles deste proxecto no que participan 14 centros de memoria galegos. 


<b>Datos da rolda de prensa</b>


Organiza: Consello da Cultura Galega


Data: Venres 10 de novembro de 2017


Lugar: Biblioteca do CCG


Hora: 11:30 horas


 


Rolda de prensa: presentación iniciativas de Patrimonio
Data de celebración: 2017-11-10 11:30:00








Hemeroteca
10-11-2017
O Consello da Cultura xunta nun web as actividades dos centros da memoria no Día do Patrimonio
Ficha técnica
Presenta
» Gabriel Quiroga Barro
» Concha Varela Orol
» Ramón Villares
Lugar de celebración

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205