consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Entre o pensamento e a arte
xornada | Martes, 28 de novembro de 2017
Información

Este ciclo analiza a relación da arte con outros campos de coñecemento, pero non ao estilo tradicional, tendo como emisor a arte, senón á inversa: interésanos saber como se achegan e ven a arte e a creación desde pensamentos máis ou menos estruturados. Destacados especialistas contarán o seu modo de achegarse á arte, colaborando con artistas ou realizando propostas de claro compoñente creativo. A dirección dos relatos non é desde, senón cara á arte, de xeito que é posible percibir distintas metodoloxías de achegamento e, posiblemente, análises e xuízos ben distintos. Non se trata dun intercambio de posición entre artistas e axentes implicados na arte, senón dunha recepción desde a arte dos criterios e maneiras de enfocar que teñen pensamentos alleos á xeración de obra artística.


Nesta primeira sesión, Entre o pensamento e a arte, reunimos tipos de pensamentos filosóficos ou intelectuais que tratan sobre a arte, pero que non son exclusivamente estéticos senón máis globais. Formulámoslles como punto de partida a idea de tradución: dunha lingua a outra, dunha imaxe visual a un relato, dunha proposta literaria a unha obra visual, ou a análise do propio sentido da tradución.


Un tradutor que sabe e controla a súa propia tradución, a súa profesión; un creador literario con demostradas capacidades reflexivas e expositivas ou un teórico especializado na para-tradución deben expoñer enfoques complementarios e suscitar debates. Ao fin e ao cabo, podemos pensar o artista como un suxeito tradutor, doador de sentido, que como executante da tradución nunca é inocente, porque a tradución nunca o é. Ou a lectura como unha nova escrita e unha nova interpretación… O relato está sempre aberto.


Presentación
Data de celebración: 2017-11-27 10:00:00
https://youtu.be/D85s-ZhWcCg


Arte para-traducir. Para-traducir arte
Data de celebración: 2017-11-27 10:30:00


https://youtu.be/4ClWIJK6Jvg

Arte para-traducir. Para-traducir arte
José Yuste, investigador principal do grupo de investigación Traducción & Paratraducción (T&P) da Universidade de Vigo


O ollo oínte
Data de celebración: 2017-11-27 12:00:00


https://youtu.be/R4wvh3e6q8k

O ollo oínte
Tom Skipp, videoartista e tradutor, director de estrellasonora.com


A arte, na estela do pensamento
Data de celebración: 2017-11-27 17:00:00


https://youtu.be/U_q97vTs3Hc

A arte, na estela do pensamento
José Jiménez, catedrático de Estética e Teoría das Artes na Universidad Autónoma de Madrid. Filósofo, escritor, crítico e comisario de exposicións de arte


Coloquio
Data de celebración: 2017-11-27 18:00:00
https://youtu.be/K7eKi-BBpqo

Coloquio
Modera: Asunta Rodríguez
José Yuste
Tom Skipp
José Jiménez


Hemeroteca
28-11-2017
En directo: Entre o pensamento e a arte
27-11-2017
Expertos abordan mañá no Consello da Cultura a relación entre arte e pensamento
20-11-2017
Aberto o prazo de inscrición da xornada que analiza a relación da arte co pensamento
Ficha técnica
Coordinación
» Miguel Fernández-Cid
» Jesús Pastor Bravo
» Asunta Rodríguez
Relator/a
» José Jiménez
» Tom Skipp
» José Yuste
Organiza
» Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas (CCG)
Lugar de celebración

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205