consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


IV Xornada sobre o bo uso e mal uso do mar: Sustentabilidade en feminino: Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar - PONTEVEDRA
xornada | 30 de novembro de 2017 - Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte e Casa das Campás - Pontevedra
Información

Andamos pola cuarta edición desta xornada anual, que se vén realizando desde  o ano 2014. Nesta ocasión, ocuparase de facer visibles e de darlles voz a mulleres que se dedicaron no pasado e na actualidade aos oficios do mar, así como á investigación en ciencias mariñas e en educación para a sustentabilidade oceánica.


Traballadoras da salga e da conserva, redeiras, mariscadoras, regateiras, poxadoras. Nenas e mulleres invisibles e invisibilizadas, cuxo traballo foi e segue a ser fundamental para a sustentabilidade do mar. Mulleres fortes que cargan e descargan sal, croques, argazo, aparellos, coas fillas e os fillos da man, que coidaban e coidan da casa e da familia. Mulleres que traballan arreo. Quen coñece os seus nomes?


Mulleres que investigan en ciencias mariñas, unha achega fundamental para mellorar a explotación sustentable dos recursos, hoxe ameazados polo cambio ambiental global.


Mulleres que fan investigación e innovación educativa, sobre educación para a sustentabilidade oceánica, con perspectiva de xénero, necesaria para a formación de alumnas e alumnos de todos os niveis educativos, que se van enfrontar a retos planetarios nun futuro inmediato.


Mulleres oceanógrafas notables, como Ángeles Alvariño e Aida Fernández Ríos.


Na edición deste ano inaugurarase unha exposición que recolle todo o devandito e, ademais, haberá unha parte de conferencias e paneis para abordar aspectos da memoria das mulleres do mar, o notable caso do Museo Massó e o papel das mulleres en asociacións, empresas e investigación para a sustentabilidade dos recursos mariños.


 Pode acceder aos vídeos da xornada na seguinte ligazón: http://tv.campusdomar.es/series/5a2930001f56a8b12654db48


 



Hemeroteca
29-11-2017
A xornada “Bo uso e mal uso do mar” analizará mañá a relación das mulleres co medio mariño
Ficha técnica
Inauguración
» Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Relator/a
» Sandra Amézaga Menéndez
» Rosa Chapela Pérez
» Ana García Cabado
» Covadonga López de Prado Nistal
Lugar de celebración

LUGAR
Salón de Graos
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Universidade de Vigo
Campus de A Xunqueira
Pontevedra


Vicerreitoría do Campus de Pontevedra
Casa das Campás
Pontevedra