consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


XIII Xornada de Normalización Lingüística das Escolas Católicas de Galicia
xornada | Venres, 24 de novembro de 2017
Información

Escolas Católicas de Galicia, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e coa colaboración do Consello da Cultura Galega, organiza a XIII Xornada de Normalización Lingüística, dirixida ao profesorado de centros públicos, concertados e privados de Galicia.


O programa ofrece propostas moi variadas; desde exposicións teóricas como o relatorio de Xesús Rábade sobre a traxectoria vital e literaria de María Victoria Moreno ata unha mostra de experiencias dinamizadoras centradas nas aplicacións educativas para dispositivos móbiles, pasando polo galego exterior, a presentación da base de datos onde se recolle todo o patrimonio lúdico galego e a exposición ARTESA, realizada polo Centro de Documentación Sociolingüística do Consello da Cultura Galega con recursos varios para dinamizar as nosas aulas. O momento máis emotivo, a homenaxe que Escolas Católicas lle renderá á escritora Marica Campo.


 


Ficha técnica
Colabora
Lugar de celebración

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205