consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Unha nova xeración de lumes?
Coloquio | 18 e 19 de xaneiro do 2018
Información

Nos últimos tempos estase a constatar que os incendios forestais  afectan cada vez con máis virulencia a edificacións e persoas. Esa interface urbano-forestal que até hai pouco só illadamente era pasto das lapas agora vese decote ameazada polos lumes, de tal xeito que a súa protección se converte no obxectivo prioritario dos operativos de extinción. Así mesmo, semella que a extensión e a intensidade dos incendios se van incrementando como consecuencia de situacións meteorolóxicas especialmente adversas así como co amoreamento excesivo de combustibles. Para moitos, o cambio climático pode estar detrás destas novas condicións.


Todo isto leva a diversos analistas a falar de que estamos diante dun cambio cualitativo na incidencia e características dos incendios forestais que non fará máis que incrementarse nos próximos anos. Fálase dunha nova xeración de lumes.


Para tratar destes temas, en territorios tan castigados polos lumes como Galicia e Portugal, o Consello da Cultura Galega (CCG) organiza este coloquio, no que se tenta definir até onde sexa posible esta nova situación e  discutir que medidas deberían implementarse para atenuar os seus eventuais impactos.


Hemeroteca
19-01-2018
En directo: Unha nova xeración de lumes?
18-01-2018
En directo: Unha nova xeración de lumes?
17-01-2018
Expertos analizan desde mañá no Consello da Cultura as novas características dos incendios forestais
Ficha técnica
Coordinación
» Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Relator/a
» Francisco Díaz-Fierros Viqueira
» Edelmiro López Iglesias
» Luciano Lourenço
» Juan Picos
» António Salgueiro
» Francisco Sineiro García
» José Antonio Vega
Organiza
» Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade (CCG)
Lugar de celebración

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205