consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Dereitos de autor, lei aplicable e percepción social
xornada | Xoves, 22 de febreiro de 2018
Información

A evolución da sociedade rede, impulsada polas tecnoloxías actuais e os renovados usos e consumos de mensaxes e documentos, transformou radicalmente os modos de crear e difundir contidos, así como de compartilos, en relación coas contornas analóxicas do pasado século. As normas que regulan a propiedade intelectual víronse na necesidade de se adaptaren ao novo escenario. Trátase dun proceso de transición, non rematado en todos os ámbitos, que nos afecta moi directamente, polo que debemos coñecelo o máis posible para movernos con garantías e aproveitar ao máximo as novas opcións no marco legal vixente.


O obxectivo desta xornada é contribuír a difundir as cuestións básicas de dereitos de autor que cómpre ter en conta na sociedade rede segundo o novo marco normativo e coñecer aqueles aspectos sometidos a análise e revisión. Trátase de debuxar desafíos e fixar pasos para as actuacións no traballo diario. A formación, mediante acción de edu-comunicación, e o coñecemento do marco que rexe no escenario actual resultan básicos para intervir con eficiencia na Sociedade da Información e o Coñecemento.


Hemeroteca
22-02-2018
En directo: Dereitos de autor, lei aplicable e percepción social
21-02-2018
Os dereitos de autor centran mañá a actividade do Consello da Cultura Galega
Ficha técnica
Coordinación
» Xosé López García
Relator/a
» Ignacio Aguaded
» Javier Díaz Noci
» Raquel Xalabarder
Organiza
» Consello da Cultura Galega
Lugar de celebración

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205