consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Castro de San Lourenzo
San Pedro de Cereixa (A Pobra do Brollón)
encontro | Martes, 30 de xaneiro de 2018
Información

O castro San Lourenzo, situado na parroquia de San Pedro de Cereixa (A Pobra do Brollón, Lugo), é un poboado fortificado ergueito entre os séculos I-II da nosa era para albergar os traballadores nas explotacións auríferas da bisbarra, que probablemente estivo vencellado tamén á metalurxia do ferro. En época altomedieval a poboación labrega de Cereixa construíu unha ermida na honra de San Lourenzo, que foi rehabilitada en 1876, para caer despois no abandono. Entre 1960-1970 a ladeira suroeste do castro viuse afectada por unha explotación de grava e area.


En 2016 a Asociación de Veciños María Castaña, da parroquia de San Pedro de Cereixa, e o Concello da Pobra do Brollón interesáronse na súa recuperación patrimonial, da que xurdiu unha primeira intervención arqueolóxica coparticipada pola comunidade local de Cereixa, o Grupo de Investigación en Patrimonio Construído da Universidade do País Vasco, do Instituto de Ciencias do Patrimonio (CSIC), o Concello da Pobra do Brollón e a Fundación Abanca. No ano 2017 leváronse a cabo dúas novas intervencións, a última realizada grazas a unha subvención de AGADER.


Os resultados destas intervencións amosan a extrema complexidade dun sitio arqueolóxico que experimentou sucesivas ocupacións e reocupacións ao longo de practicamente 2000 anos. Os investigadores mostrarannos os primeiros resultados, obtidos grazas a un proxecto que xorde fundamentalmente da iniciativa da comunidade local, onde a colaboración entre diferentes equipos e entidades se torna fundamental.


Presentación
Data de celebración: 2018-01-30 17:00:00
https://youtu.be/fEFRYBzChQ0

17:00 horas
Presentación
Rebeca Banco-Rotea


Nas orixes da Ribeira Sacra: os misterios arqueolóxicos do castro de San Lourenzo
Data de celebración: 2018-01-30 17:15:00


https://youtu.be/iosfhf4KbW4

17:15 horas
Nas orixes da Ribeira Sacra: os misterios arqueolóxicos do castro de San Lourenzo
Xurxo M. Ayán Vila


Polas terras de María Castaña: socialización do patrimonio do castro de San Lourenzo
Data de celebración: 2018-01-30 17:45:00


https://youtu.be/5ZdyIwQ-lMM

17:45 horas
Polas terras de María Castaña: socialización do patrimonio do castro de San Lourenzo
Xosé Gago García-Brabo


Debate-coloquio
Data de celebración: 2018-01-30 18:15:00


https://youtu.be/FnSVQmBa8Zk

18:15 horas
Debate-coloquioRebeca Banco-RoteaXurxo M. Ayán VilaXosé Gago García-Brabo


Hemeroteca
30-01-2018
En directo: Castro de San Lourenzo
San Pedro de Cereixa (A Pobra do Brollón)
Ficha técnica
Coordinación
» Rebeca Blanco Rotea
Organiza
» Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG)
Participantes
»
Lugar de celebración

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205