consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Juan Cancelo. Illa rota, da II República ao franquismo
exposición | 30 de xaneiro - 12 de marzo de 2018. A Coruña
Información

Juan Cancelo, Illa rota, da II República ao franquismo
Sala de Exposicións do Pazo Municipal da Coruña
30 de xaneiro - 22 de marzo
Organiza: Consello da Cultura Galega


A inauguración da mostra de fotografías de Juan Cancelo, Illa rota, da II República ao franquismo, que terá lugar na Sala de Exposicións do Pazo Municipal da Coruña o martes, 30 de xaneiro ás 19:30 horas. A mostra, organizada polo Consello da Cultura Galega, será inaugurada por Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega e Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña, e poderá contemplarse nas instalacións municipais ata o vindeiro mes de marzo.


Juan Cancelo
Juan Cancelo formou parte dese reducido grupo de fotógrafos que combinou o seu traballo profesional no xornal coruñés El Ideal Gallego, no que traballou más de medio século, coa devoción pola práctica de fotógrafo como un freelance ou amador que tiña paixón por contar a sociedade en que vivía a través dos ollos dunha cámara. A narrativa desta exposición está composta por fotos todas elas feitas por Juan Cancelo en diversas épocas, desde a II República ata ben entrado o franquismo. No seu conxunto permiten seguir as mudanzas e problemas da cidade da Coruña, tendo marcado a Guerra Civil un antes e despois na evolución dunha cidade singular no conxunto de Galicia, unha illa rota. A mostra  é o resultado dunha coidadosa peneira que levou a cabo o fotógrafo Caruncho e recolle tanto escenas das elites e grupos de poder, como a vida nas rúas, os baños nas praias da cidade, os bailes, o lecer das touradas e dos deportes, e a vida dura das clases populares.


Inauguración:
Día: Martes, 30 de xaneiro de 2018
Hora: 19:30 horas


Lugar:
Sala de Exposicións do Pazo Municipal
Praza de María Pita, n.1
A Coruña
Telfs: 981189898 / 981184200 Exten.: 23127 (Administración)


Horario:
De luns a domingo, de 12:00 h. a 14:00 h. e de 18:00 h. a 21:00 h.


Hemeroteca
29-01-2018
O Consello da Cultura inaugura mañá Illa rota, mostra que documenta a sociedade coruñesa de principios do século XX
Ficha técnica
Lugar de celebración

LUGAR:
Sala de Exposicións do Pazo Municipal
Praza de María Pita, n.1
A Coruña