consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


A cultura dixital en Galicia: viaxe de ida e volta ao Big Data, á verificación e á mobilidade
xornada | Xoves, 15 de marzo de 2018
Información

A sociedade rede do século XXI vive un proceso de rápida transformación da man das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), que propiciaron a automatización de moitos procesos nas dúas últimas décadas e que hoxe, da man da denominada automatización intelixente, anuncian unha etapa que algúns bautizaron como a cuarta revolución industrial. Trátase dun proceso en marcha do que só coñecemos o punto de partida. Neste escenario, o manexo de datos masivos (o denominado big data) resulta central para calquera actuación no campo cultural, onde a dimensión dixital cobra cada día máis protagonismo.


O Big Data non só mudou o acceso á cultura, senón que está transformando moitas das dinámicas culturais das sociedades actuais. Nesta xornada preténdese ofrecer unha visión panorámica do que acontece no panorama do Big Data, coa presentación dalgunhas experiencias, e analízanse vías para aproveitar esa circulación masiva de datos nas iniciativas culturais nos diferentes ámbitos.


Hemeroteca
07-02-2018
O Consello da Cultura aborda nunha xornada a xestión de datos masivos desde Galicia
Ficha técnica
Coordinación
» Rosa Aneiros
» Xosé López García
» Xosé Ramón Pousa
Organiza
» Consello da Cultura Galega
Lugar de celebración

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205