consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Anna Turbau. Galicia 1975–1979
exposición | Kiosco Alfonso - 23 de febreiro ao 1 de abril de 2018
Información

Anna Turbau
Galicia 1975–1979
A intimidade da imaxe


Kiosco Alfonso
A Coruña


23 de febreiro ao 1 de abril de 2018


Esta exposición peneira no arquivo fotográfico que Anna Turbau realizou entre 1975 e 1979 para presentar unha Galicia distinta a do discurso habitual. Turbau é pioneira na escolla das temáticas, en narrarse no acto de narrar, na independencia como actitude persoal e como linguaxe, nesa operación na corda frouxa que ten como albo construír unha obra pegada ao real. Talvez por iso poidamos aplicarlle ao contexto no que fotografou, a Galiza de fins dos setenta, a opinión de Eco cando di que as vicisitudes do noso século [dos curtos anos setenta] están resumidas por poucas fotografías exemplares que fixeron época. 


Comisaria: Margarita Ledo Andión


Organiza: Consello da Cultura Galega



Ficha técnica
Lugar de celebración