consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Lingua, medios públicos e dobraxe. Perspectivas dun modelo cambiante
xornada | Xoves, 3 de maio de 2018
Información

Os medios de comunicación públicos, como actores comunicativos, canles culturais e instrumentos de formación lingüística no ecosistema mediático, desempeñan un papel central na normalización da lingua galega e na difusión da cultura propia de Galicia. Desde o comezo das súas emisións, a TVG e a Radio Galega empregan o galego nas súas emisións e asumen un cometido relevante na comunicación mediada tecnoloxicamente en lingua propia. Pola súa banda, un conxunto de emisoras municipais, agrupadas en EMUGA, e a propia RTVE en Galicia deron pasos para contribuír a normalizar o uso do galego nos medios de comunicación de titularidade pública.


Esta xornada pretende analizar o panorama actual do emprego do galego nestes medios públicos, con análise das diferentes dimensións, e os desafíos que aínda están pendentes. Entre estes, préstase especial atención á dobraxe, un instrumento fundamental na normalización lingüística que, en boa medida, está relacionado cos medios públicos e coas súas políticas neste campo.


O programa da xornada conta con expertos e representantes do sector a fin de poñer sobre a mesa posibles actuacións para avanzar no emprego do galego nos medios e, sobre todo, para mellorar os procesos de normalización lingüística na sociedade rede.


Inauguración
Data de celebración: 2018-05-03 10:15:00
https://youtu.be/eaCe9mGZ_oc

Ramón Villares

Dolores Vilavedra


Os medios de comunicación públicos de proximidade en Europa e a cuestión da lingua
Data de celebración: 2018-05-03 10:30:00
https://youtu.be/dcgIA-0RkRg

Os medios de comunicación públicos de proximidade en Europa e a cuestión da lingua
Javier Marzal, catedrático de Comunicación Audiovisual da Universitat Jaume I


Lingua galega e medios de comunicación
Data de celebración: 2018-05-03 11:30:00
https://youtu.be/fDjz3lf9z1c

Lingua galega e medios de comunicación
Observatorio da Cultura Galega, Consello da Cultura Galega


Sobre rexistros e modelos de lingua nos espazos de produción propia da CRTVG
Data de celebración: 2018-05-03 12:30:00
https://youtu.be/d_tl-cEgELQ

Sobre rexistros e modelos de lingua nos espazos de produción propia da CRTVG 
Luz Méndez, lingüista da TVG


Mesa redonda: A dobraxe hoxe en Galicia
Data de celebración: 2018-05-03 16:30:00
https://youtu.be/j4yXs-bv5eM

Mesa redonda: A dobraxe hoxe en Galicia

Xerardo Couto, profesor e dobrador
Xoán Montero Domínguez
, profesor da Universidade de Vigo
Ana Isabel Maciñeiras Veiga, representante de Apradoga

 


Mesa redonda: O galego nos medios públicos televisivos e radiofónicos
Data de celebración: 2018-05-03 18:00:00
https://youtu.be/JhZVj3UWqUY

Mesa redonda: O galego nos medios públicos televisivos e radiofónicos 

Rafael Cid, director do Centro Territorial de TVE e RNE en Galicia
Paulino Novo
, responsable do departamento de lingüistas da TVG
Henrique Sanfiz, Radio Fene/Radiofusión


Hemeroteca
03-05-2018
En directo: Lingua, medios públicos e dobraxe. Perspectivas dun modelo cambiante
Ficha técnica
Autoria
» Håkan Casares
» Rafael Cid
» Xerardo Couto
» Ana Isabel Maciñeiras Veiga
» Javier Marzal
» Luz Méndez
» Xoán Montero Domínguez
» Paulino Novo
» Henrique Sanfiz
Coordinación
» Xosé López García
» Xosé Ramón Pousa
» Dolores Vilavedra
Organiza
» Sección de Lingua, Literatura e Comunicación (CCG)
Participantes
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
Lugar de celebración

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205