consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


O último ano no Guidoiro Areoso: o que agocha a area
encontro | Xoves, 26 de abril de 2018
Información

No último ano leváronse a cabo unha serie de actuacións no illote de Guidoiro Areoso que pretenden rescatar a historia deste enclave natural tan sobresaínte e que na última década está a ser erosionado dun xeito alarmante.


Nestes encontros queremos traer as novidades da actuación que se desenvolveron entre 2016 e 2017 dende disciplinas diferentes pero que converxen no interese de actuar sobre este sitio para afondar no seu coñecemento ante a súa rápida erosión.


Por unha banda, presentaremos os resultados da investigación xeomorfolóxica e ambiental que trata de explicar os cambios que está a sufrir actualmente o illote e o impacto da ocupación humana dende o Holoceno. Por outra, os resultados da intervención arqueolóxica na que se escavou a Mámoa 4 e algunha estrutura na zona intermareal, unha intervención que achega información relevante sobre este contexto e a súa contorna, sobre a súa ocupación e uso pero tamén sobre o grave proceso de alteración e destrución que está a sufrir o Areoso.


Ficha técnica
Coordinación
» Rebeca Blanco Rotea
Relator/a
» Ramón Blanco-Chao
» María José Bóveda Fernández
» Patricia Mañana-Borrazás
» Santiago Vázquez Collazo
Organiza
» Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG)
Lugar de celebración

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205