consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Retos na xestión do patrimonio inmaterial
xornada | Martes, 22 de maio de 2018
Información

Patrimonio Inmaterial é un termo relativamente recente que en Galicia se incorporou aos documentos lexislativos no ano 2016: que significa esta incorporación?, que é ou que define o patrimonio inmaterial?, a cal lle damos máis valor?, como se transfire e como se transforma?


Entender a historia e o uso deste termo, a súa relación de oposición e complementariedade co patrimonio material así como as ferramentas de documentación, xestión e salvagarda constituirán o punto de partida deste encontro. Para iso diriximos a mirada cara a experiencias institucionais de longo percorrido e documentos marco comúns. O Plan Nacional do Patrimonio Inmaterial ou o Atlas do Patrimonio Inmaterial en Andalucía brindarán reflexións e porán as bases para introducirnos no ecosistema teórico-metodolóxico do patrimonio inmaterial. 


Pero falar de patrimonio inmaterial é falar tamén de comunidade e aí é onde, nunha segunda parte da xornada, xorde a necesidade de amosar a diversidade de prácticas que no contexto galego podemos atopar arredor del. Un encontro que se define como un espazo de escoita, debate e aprendizaxe entre diferentes axentes e proxectos na procura dunha visión procesual, dinámica e multivocal do patrimonio inmaterial. 


A recolla transversal de ideas e a posibilidade de compartir as experiencias permitirannos pór en común os problemas, os acertos, os erros e as intuicións de cara a deseñar camiños compartidos. En definitiva, xerar un espazo para artellar unha comunidade de aprendizaxe.


* A minha avoa tem os olhos azuis coma o céu dumha manhá de janeiro. Ela case nunca sorri e poucas vezes fala, coplas esquecias e histórias dos ventos. Eu nom sei se ela gosta das crianças, mas as crianças gostamos dela, pois sempre tem um anaco de pam do "Gaupito" para nós e sobre tudo porque em secreto sabemos: que pastorea nuvens e muge lôstregos, que ela é nuveira.


Imaxe e texto da imaxe por Arinspunk
Imaxe cedida ao dominio público


Hemeroteca
22-05-2018
En directo: Retos na xestión do patrimonio inmaterial
Ficha técnica
Coordinación
» Miguel Alonso Cambrón
» Paula Ballesteros-Arias
» María Masaguer
» Cristina Sánchez-Carretero
Organiza
» Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG)
Lugar de celebración

COLABORA
Esta actividade está vinculada ao proxecto GEOARPAD, “Patrimonio cultural da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal: Valoración e Innovación”, Programa de Cooperación Interreg V A España – Portugal (POCTEP) 2014-2020.


LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705. Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205