consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


PAVT: O Parque Arqueológico do Vale do Terva
encontro | Martes, 8 de maio de 2018
Información

O Encontro Monográfico co Patrimonio Cultural 19 viaxa a Portugal, en concreto ao Parque Arqueológico do Vale do Terva/PAVT, no concello de Boticas, no norte portugués. O PAVT é un proxecto conxunto do Município de Boticas e da Universidade do Minho, que resulta dunha visión asentada nunha concepción bioeconómica do mundo, que ten como paradigma de xestión o ‘desenvolvemento sostible’, que se caracteriza pola preocupación pola integración ambiente-economía e coevolución, polo crecemento económico adaptado ás capacidades biofísicas e ás variacións socioculturais e polas necesidades de adaptacións estruturais, políticas, económicas e tecnolóxicas para xestionar os procesos de cambio.


Preténdese que o PAVT sexa un parque arqueolóxico con carácter xeográfico continuo, cun conxunto de sitios arqueolóxicos e monumentos históricos que se constitúen como elementos patrimoniais relevantes e representativos das diversas paisaxes que se configuraron na longa ocupación humana do territorio. O obxectivo principal será sempre o da promoción do seu territorio, apoiado na exploración das súas potencialidades a nivel do turismo histórico, cultural e da natureza e da economía agropecuaria, que deben ser soportadas pola investigación continuada e consecuente transferencia de coñecemento.


A compoñente de valorización do proxecto PAVT oriéntase cara á cualificación do gozo do patrimonio por parte do público, concretándose nun conxunto de accións prioritarias para a persecución dese obxectivo: clasificación do complexo mineiro antigo como ben cultural, construción de infraestruturas e instalación de equipamentos, así como promoción, divulgación e desenvolvemento de estudos e proxectos.


Presentación
Data de celebración: 2018-05-08 17:00:00


https://youtu.be/svB7Lss4iSY

Presentación
Rebeca Blanco-Rotea


PAVT: O Parque Arqueológico do Vale do Terva
Data de celebración: 2018-05-08 17:15:00


https://youtu.be/dsYyMeXDfGw

PAVT: O Parque Arqueológico do Vale do Terva
Luís Fontes, Unidade de Arqueologia da Universidade do Minho


Debate: PAVT, O Parque Arqueológico do Vale do Terva
Data de celebración: 2018-05-08 18:15:00


https://youtu.be/MGqsfe4Lgks

Rebeca Blanco-RoteaLuís Fontes, Unidade de Arqueologia da Universidade do Minho


Hemeroteca
08-05-2018
En directo: PAVT: O Parque Arqueológico do Vale do Terva
Ficha técnica
Coordinación
» Rebeca Blanco Rotea
Relator/a
» Luís Fontes
Organiza
» Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG)
Participantes
»
»
Lugar de celebración

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205