Josep Ramoneda:

Xornada.

Josep Ramoneda:

AS REVOLUCIÓNS DO 68

Martes, 29 de maio de 2018
Santiago de Compostela
Xornada

Josep Ramoneda:

AS REVOLUCIÓNS DO 68

Martes, 29 de maio de 2018 Santiago de Compostela

Conferencia


JOSEP RAMONEDA
"AS REVOLUCIÓNS DO 68"
Martes, 29 de maio de 2018
18:00 horas 


1968-2018: de Berkeley a París, pasando por Roma ou Berlín, cincuenta anos despois seguimos a cuestionarnos se se tratou dunha revolución ou dunha revolta, do nacemento dunha contracultura ou do primeiro movemento antisistema... Os movementos do 68 posuíron un núcleo común pero articuláronse con loitas específicas en cada país; foron, de feito, "revolucións do 68": a Guerra de Vietnam, o dispendio da sociedade de consumo, a transición á democracia, o racismo, o feminismo. A longa sombra do 68  enxergou en parte o mundo de hoxe: o xiro posmaterialista nas mobilizacións políticas, a incomprensión da vella esquerda, o desacougo dos intelectuais progresistas de Adorno a Passolini pasando por Habermas, a evidencia de que o persoal é político..., razóns dabondo todas elas para celebrarmos a efeméride cunha reflexión.


Para falar e debater sobre todas estas cuestións, convidámoste o martes, 29 de maio de 2018, ás 18:00 horas á conferencia de JOSEP RAMONEDA titulada "As revolucións do 68".


Josep Ramoneda (Cervera, 1949). Periodista e filósofo. Director da revista La Maleta de Portbou e da Escola Europea de Humanidades de Barcelona. É colaborador habitual do diario El País, da Cadena Ser e do diario catalán Ara. Dirixe unha colección de ensaio en Galaxia Gutenberg e é presidente de Edicions 62. Foi director do Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona (1989-2011) e presidente do Institut de Recherche et d'Innovation (IRI) de París (2009-2014). Director do Instituto de Humanidades de Barcelona (1986-1989) e profesor de Filosofía Contemporánea na Universitat Autònoma de Barcelona (1975-1990). Publicou numerosos libros, entre os que destacan Apologia del present. Assaigs de fi de segle (Edicions 62, 1989), Después de la pasión política (Taurus, 1999), Del tiempo condensado. Globalización, inmigración, terrorismo, cultura (Debolsillo, 2003), Contra la indiferencia. Apología de la Ilustración (Galaxia Gutenberg, 2010), La izquierda necesaria (RBA Libros, 2012) e os libros colectivos Existential Utopia (Nova York, 2012) e Dónde vas Europa (Barcelona, 2017). Recibiu o Premio Ciutat de Barcelona de Projecció Internacional (2012) e o Premio Nacional de Cultura da Generalitat de Catalunya (2013). 

ASISTENCIA

INSCRICIÓN
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

LUGAR

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal/mediateca

Ficha técnica 
Xornada.
Josep Ramoneda:
AS REVOLUCIÓNS DO 68
Cando
Martes, 29 de maio de 2018
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Ramón Máiz Suárez
Relator/a
Josep Ramoneda
Organiza
Sección de Pensamento e Sociedade (CCG)