PARA QUE SERVEN OS DATOS LINGÜÍSTICOS?

Xornada.

PARA QUE SERVEN OS DATOS LINGÜÍSTICOS?

Xoves, 29 de novembro de 2018
Santiago de Compostela
Xornada

PARA QUE SERVEN OS DATOS LINGÜÍSTICOS?

Xoves, 29 de novembro de 2018 Santiago de Compostela

A Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega e a Rede de Investigación Galega TecAnDaLi (Tecnoloxías e Análise dos Datos Lingüísticos: http://ilg.usc.es/tecandali/) organizan unha xornada conxunta para analizar para que serven os datos lingüísticos.


Pero, que é TecAnDaLi? Trátase do acrónimo de Tecnoloxía e Análise de Datos Lingüísticos, unha rede conformada por sete grupos de investigación do Sistema Universitario Galego: tres grupos de humanidades (o grupo coordinador, Filoloxía e Lingüística Galega [FILGA], integrado no Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela; Tecnoloxías e Aplicacións da Lingua Galega [TALG], Universidade de Vigo; Gramática, Discurso e Sociedade [GRADES], Universidade de Vigo); dous grupos de enxeñaría informática (Grupo de Sistemas Intelixentes [GSI], CITIUS, Universidade de Santiago de Compostela; Gráficos por Computador e Enxeñaría de Datos [COGRADE, GI-2116], CITIUS, Universidade de Santiago de Compostela); un grupo de enxeñaría de telecomunicacións (Grupo de Tecnoloxías Multimedia [GTM], Universidade de Vigo) e outro grupo de estatística (Modelos de Optimización, Decisión, Estatística e Aplicacións [MODESTYA], Universidade de Santiago de Compostela).


TECANDALI é, pois, unha rede interdisciplinaria cuxa investigación está relacionada coas tecnoloxías da linguaxe e as humanidades dixitais. A lingua traballada pola rede é o galego, maioritariamente, pero tamén o castelán e a linguaxe de signos española. Especializada no tratamento informático e estatístico de datos lingüísticos, o seu labor implica unha modernización na investigación sobre as humanidades, en xeral, e a lingua galega, en particular, que quedan asociadas ás tecnoloxías e aplicacións estatísticas máis innovadoras. 


Preténdese mostrar como é posible que grupos de humanidades, enxeñaría e estatística, provenientes de tradicións investigadoras moi diferentes, mesmo de marcos científicos aparentemente separados, como as ciencias e as letras, poden colaborar de xeito produtivo para todas as partes. O nexo de unión entre lingüistas, filólogos, enxeñeiros e estatísticos son precisamente os datos lingüísticos: datos fonéticos, datos onomásticos, datos dialectais, etc.


A xornada procura responder á pregunta de para que serven estes datos lingüísticos e para iso ten dous obxectivos específicos: presentar á sociedade algúns logros de investigación sobre datos lingüísticos e solicitar desta mesma sociedade, de investigadores doutros ramos, de xornalistas ou profesionais de diverso tipo, reflexións que conduzan a novos retos investigadores sobre datos lingüísticos: que máis podemos aprender se analizamos datos lingüísticos coas ferramentas máis innovadoras?, que novos logros ou beneficios poderiamos buscar para ofrecerlle á sociedade que financia a investigación? 

ASISTENCIA

INSCRICIÓN
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia á xornada.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75 % das sesións.

LUGAR

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal/mediateca


A Rede TecAnDaLi investigou con financiamento da Xunta de Galicia e dos fondos FEDER por medio das Axudas para a Consolidación e Estruturación de Unidades de Investigación Competitivas do SUG (ED341D R2016/011)

Ficha técnica 
Xornada.
PARA QUE SERVEN OS DATOS LINGÜÍSTICOS?
Cando
Xoves, 29 de novembro de 2018
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Carmen García Mateo
Inauguración
Rosario Álvarez
Modera
Francisco Dubert
Manuel Gago
Relator/a
Alberto Bugarín Diz
Pablo Gamallo Otero
Alejandro García Caballero
Carmen García Mateo
María José Ginzo
Xavier Gómez Guinovart
Carlos Gómez Rodríguez
Xulio Sousa
Organiza
Sección de Lingua, Literatura e Comunicación (CCG)
Colabora
TecAnDaLi
TecAnDaLi