Son de Galicia

Exposición. Son de Galicia

Son de Galicia

A Coruña, do 11 de decembro ao 26 de xaneiro de 2019, na Sede Afundación A Coruña
Santiago de Compostela
Exposición
Son de Galicia

Son de Galicia

A Coruña, do 11 de decembro ao 26 de xaneiro de 2019, na Sede Afundación A Coruña Santiago de Compostela

Son de Galicia é unha mostra que conmemora o importante labor cultural desenvolvido polas diferentes sociedades corais no desenvolvemento da cultura galega no século XX. Transita pola historia das catro formacións que continúan activas arestora: Toxos e Froles (1914), Cántigas da Terra (1916), Coral De Ruada (1918) e Cantigas e Agarimos (1921).


A exposición, comisariada por Miguel Anxo Seixas, preséntase en 30 paneis acompañada de publicacións, manuscritos, fotografías, instrumentos, partituras, traxes, decorados, fragmentos de prensa… a través dos que se pode reconstruír unha época especialmente vizosa para a nosa cultura.


Ademais de adentrarse na historia das catro formacións, nesta exposición poderanse coñecer tamén denominadores comúns a todas as sociedades corais da época: o traballo etnográfico de recollida e interpretación da música e da vestimenta popular, o labor filantrópico e benéfico, as xiras e viaxes nas que se converteron en embaixadores da cultura galega, os inicios dunha actividade teatral galega e o seu fondo compromiso coa lingua de noso.

ASISTENCIA

INSCRICIÓN
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia á xornada.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.

LUGAR

Sede Afundación A Coruña. Cantón Grande, 8. 


 

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal/mediateca

Ficha técnica 
Exposición.
Son de Galicia
Son de Galicia
Cando
A Coruña, do 11 de decembro ao 26 de xaneiro de 2019, na Sede Afundación A Coruña
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Sede Afundación A Coruña. Cantón Grande, 8. 


 

Comisariado
Miguel Anxo Seixas
Ámbito
Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)