consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


As ensinanzas superiores de música e artes escénicas
xornada | Xoves, 10 de febreiro de 2011
Información

A implantación das directrices emanadas do proceso de Converxencia das ensinanzas superiores no espazo europeo, coñecido como “proceso de Boloña”, supuxo un xiro definitivo na deriva histórica das ensinanzas superiores de música e artes escénicas en todo o contexto español. Esta nova situación obriga á definición e concreción das condicións de inserción destas ensinanzas no nivel superior no que se encadran, xunto coas ensinanzas universitarias e outras.


As normativas publicadas polo Estado ao longo dos anos 2009 e 2010, así como as emanadas das administracións autonómicas no seu desenvolvemento, están a deseñar ese novo contexto. Non obstante, namentres que no contorno universitario se acadou un modelo común para a Converxencia, no caso das ensinanzas artísticas subsiste unha inquietante indefinición, que desembocou en diferentes propostas de xestión no Estado e que no caso de Galicia aínda está por definir. En tanto que estamos a tratar dunhas ensinanzas encamiñadas á formación de profesionais cunha importante presenza no tecido cultural do país, é este un debate que non só atinxe ao contorno educativo, administración e centros, senón a todo o conxunto social e, en definitiva, ao presente e ao futuro da cultura de Galicia. Por iso, o Consello da Cultura Galega quere propoñer nesta xornada unha reflexión e un debate crítico sobre a necesidade de definir o modelo de xestión destas ensinanzas e sobre a “folla de ruta” que debería conducir a unha normalización exitosa destas ensinanzas perante os retos da Converxencia.


Inauguración
Data de celebración: 2011-02-10 16:30:00

José Luís Mira Ramón Villares Maximino Zumalave



Desenvolvemento dos novos plans de estudos e os centros de ensinanzas artísticas: estrutura e obxectivos
Data de celebración: 2011-02-10 16:45:00

Alberto Veintimilla



Ensinanzas da arte dramática no EEES boas prácticas e empregabilidade
Data de celebración: 2011-02-10 17:45:00

Ángel Martínez



Mesa redonda
Data de celebración: 2011-02-10 19:00:00

Juan Durán Ángel Martínez Sergio Sieiro Alberto Veintimilla




Ficha técnica
Inauguración
» José Luís Mira
» Ramón Villares
» Maximino Zumalave Caneda
Participante
» Juan Durán
» Sergio Sieiro
Presenta
» Luís Costa Vázquez-Mariño
» Manuel F. Vieites
Relator/a
» Ángel Martínez Roger
» Alberto Veintimilla
Participantes
»
»
»
»
»
»
Lugar de celebración

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela