consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


XIII Encontros para a Normalización Lingüística
encontro | Na Facultade de Ciencias da Comunicación (Santiago de Compostela), 28 e 29 de abril de 2011
Información

Dirixidos aos profesionais do sector, os expertos e as persoas preocupadas polo galego, os Encontros pola Normalización Lingüística constitúen o único foro regular, convocado anualmente, para o estudo, a reflexión e o debate sobre a planificación lingüística en Galicia e as cuestións relacionadas coa promoción do noso idioma. A presente convocatoria será a décimo terceira, todo un fito indicativo da consolidación e madureza dunha iniciativa que naceu e se vén alimentando das suxestións, propostas e colaboracións de colectivos, profesionais e persoas comprometidas na normalización da lingua. O centro de interese dos Encontros veñen sendo as políticas lingüísticas das administracións públicas, pero considerándoas nun marco social máis amplo, sen perder de vista os asuntos que van gañando relevancia e actualidade.


Os debates sociais e políticos recrudecidos nos anos pasados colocan sobre a mesa a cuestión da lingua como elemento de cohesión social, que será tratado na primeira conferencia. Eses mesmos debates fixeron aflorar actitudes encontradas ante o galego e a normalización lingüística, algunhas das cales permaneceran latentes durante décadas: este será outro dos temas abordados na primeira xornada. Ao final desta, celebrarase unha mesa redonda sobre unha cuestión de importancia estratéxica para o futuro do galego e insuficientemente atendida ata a actualidade: os procesos de desgaleguización e regaleguización da mocidade. Como tema de preocupación tradicional, abordaremos tamén iniciativas para a disponibilización dos recursos para a normalización do galego. Por parte, ao longo do programa serán presentados distinto tipo de recursos. As políticas lingüísticas como políticas públicas, as propostas dos partidos cara ao impulso do galego das administracións locais e a situación do idioma na administración de xustiza serán outros tantos aspectos abordados na segunda xornada.


Co esforzo e a participación de todos e todas, aprendendo da propia experiencia e do coñecemento de experiencias semellantes, mediante a reflexión, o diálogo e a colaboración, esperamos seguir contribuíndo a abrir o camiño da normalización do idioma galego, o que constitúe a grande empresa que nos inspira e nos anima.


Inauguración
Data de celebración: 2011-04-28 10:00:00

M. Lorenzo Xosé Henrique Monteagudo Ramón Villares



Lingua, cohesión social e desenvolvemento
Data de celebración: 2011-04-28 10:15:00

Concepción Cochón Santiago Prado


Santiago Prado


Xenéricos en monodoses
Data de celebración: 2011-04-28 11:30:00

Manuel Bermúdez Manuel N. Singala

Actitudes lingüísticas en Galicia: unha aproximación cuantitativa
Data de celebración: 2011-04-28 12:30:00

Carlos Neira


Carlos Neira


Estratexias colaborativas para a difusión dos recursos da planificación lingüística
Data de celebración: 2011-04-28 16:30:00

Manuel Bermúdez Ángel García Susana Guitar Susana Mayo


Ángel García VidalLímites legais e rendemento das licenzas compartidas 
Susana Guitar e Susana MayoA difusión documental nos espazos virtuais: Documentación Especial en Liña e Delingua


Videoxogo: Viaxe ás Covas do Folón
Data de celebración: 2011-04-28 17:45:00

Carlos Álvarez Marta Souto

A experiencia neofalante: como achegar a mocidade ao galego?
Data de celebración: 2011-04-28 18:45:00

Iolanda Gomis Xurxo Martínez Xurxo Souto Xandre Vázquez

Iolanda Gomis, Xurxo Souto, Xurxo Martínez e Xandre Vázquez


A promoción do galego como política pública
Data de celebración: 2011-04-29 10:00:00

Xosé Luís Barreiro Xosé Henrique Monteagudo


Xosé Luís Barreiro Rivas


Historia gráfica da normalización lingüística
Data de celebración: 2011-04-29 11:15:00

Informe: Análise da acción política no ámbito municipal
Data de celebración: 2011-04-29 12:15:00

Manuel Bermúdez Valentín García Xosé Henrique Monteagudo


Comisión Técnica do CDSG


Que facer desde os concellos para a promoción do galego?
Data de celebración: 2011-04-29 16:00:00

Francisco Cerviño Belén Regueira Román Rodríguez Ermitas Valencia

Belén Regueira xunto con representantes do Partido Popular, Partido Socialista e Bloque Nacionalista Galego


Linguagalega.tv
Data de celebración: 2011-04-29 17:15:00

O galego na Administración de Xustiza
Data de celebración: 2011-04-29 18:00:00

Patricia López Ana López-Suevos Martín Ramos Anxos Sobriño


Ana López-Suevos, Martín Ramos, Patricia López e Anxos Sobriño


A xeito de conclusións
Data de celebración: 2011-04-29 19:15:00

Brais Fernández