Creadoras galegas de imaxe

Ciclo. Olladas de muller

Creadoras galegas de imaxe

25, 26, 27 de abril de 2011
Lugo
Ciclo
Olladas de muller

Creadoras galegas de imaxe

25, 26, 27 de abril de 2011 Lugo

A produción audiovisual en Galicia experimentou nos últimos anos un importante incremento cualitativo e cuantitativo. Non son poucas as mulleres que están a intervir traballando nos diferentes eidos deste ámbito creativo (cámaras, guionistas, realizadoras, montadoras etc.). Porén, nas mostras de documental e cinema galegos, séguese a observar un, cando menos curioso, silenciamento das propostas de novas directoras. Son estas cuestións as que configuran o obxectivo fundamental do ciclo Creadoras galegas de imaxe. Trátase de dar a coñecer e difundir propostas e obras de mulleres e contribuír, así, a paliar a desinformación e invisibilidade existente.


O ciclo, coordinado por Margarita Ledo Andión e Encarna Otero Cepeda, e organizado pola Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega en colaboración coa Deputación de Lugo, focaliza a súa atención na produción de creadoras galegas que traballan nos xéneros cinematográficos de ficción, documental e animación (curta e longametraxe), dando corpo a unha mostra significativa da creación máis actual.

ASISTENCIA

INSCRICIÓN
A asistencia aos pases é libre e gratuíta

LUGAR

LUGAR
Sede da Deputación de Lugo
Rúa San Marcos, 8
27001 Lugo

Ficha técnica 
Ciclo.
Olladas de muller
Creadoras galegas de imaxe
Cando
25, 26, 27 de abril de 2011
Onde
Lugo
Enderezo

LUGAR
Sede da Deputación de Lugo
Rúa San Marcos, 8
27001 Lugo

Coordinación
Margarita Ledo
Encarna Otero
Organiza
Comisión de Igualdade (CCG)
Colabora
Comisión de Igualdade (CCG)
Deputación de Lugo. Vicepresidencia Terceira
Ámbito
Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CCG)