consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Escribir de ciencia en galego
xornada | Venres, 20 de maio de 2011
Información

Os primeiros traballos científicos escritos en galego foron realizados no Seminario de Estudos Galegos, antes da Guerra Civil. De todas as maneiras, non tiveron continuidade ata a década dos anos setenta do pasado século na que científicos illados comezaron a utilizalo nos seus traballos. A maioría deles foron realizados ao abeiro de institucións ou grupos que primeiro permitiron e despois promoveron o seu uso. Neste período de máis de corenta anos a experiencia da escrita científica experimental en galego foi do máis variada e abarcou practicamente todos os seus formatos. A súa sorte foi tamén do máis diversa, aínda que en xeral proxectos de longo percorrido no tempo houbo moi poucos, pois o contexto intelectual e político no que se desenvolvían non foi, decote, doado.


Neste momento en que o inglés se está a promover como lingua hexemónica da comunicación científica experimental, e outros idiomas, mesmo o castelán e o catalán, están a ter serios problemas nestas funcións, cómpre reflexionar sobre cal pode ser o papel do galego no futuro. Os formatos da comunicación científica son diversos, comezando polo traballo de investigación básica en revistas de difusión internacional e rematando polas publicacións divulgativas ou pedagóxicas. E, certamente, as capacidades e o futuro do galego como lingua de comunicación científica non son as mesmas segundo sexa o formato considerado. Cómpre, pois, reflexionar dun xeito realista e intelixente sobre estes puntos para conseguir que no día de mañá o galego non deixe de estar presente nun eido tan fundamental para a cultura como é o da ciencia.


Inauguración
Data de celebración: 2011-07-13 10:00:00

Francisco Díaz-Fierros Ramón Villares


Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega 
Francisco Díaz-Fierros Viqueira, coordinador da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do CCG


Modelos, medios e linguas para comunicar a ciencia
Data de celebración: 2011-07-13 10:15:00

Carolina Moreno


Carolina Moreno Castro, profesora de Xornalismo da Universitat de València


Futuro e condicionantes da comunicación científica en español
Data de celebración: 2011-07-13 11:30:00

Xurxo Mariño Juan Vicente Sánchez


Juan Vicente Sánchez Andrés, catedrático de Fisioloxía da Universidad de La Laguna e director da Revista de Neurología


O catalán, lingua de ciencia?
Data de celebración: 2011-07-13 12:15:00

Martí Domínguez Xurxo Mariño


Martí Domínguez, profesor de Xornalismo da Universitat de València e director de Métode


Coloquio
Data de celebración: 2011-07-13 13:00:00

Francisco Díaz-Fierros Martí Domínguez Carolina Moreno Juan Vicente Sánchez



Documento: Pasado, presente e futuro da publicación científica en galego.
Data de celebración: 2011-07-13 16:30:00

Francisco Díaz-Fierros Xurxo Mariño Ana Seijas


Francisco Díaz-Fierros, catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Santiago de Compostela 
Xurxo Mariño, profesor da Universidade da Coruña 
Ana Seijas, documentalista


Mesa redonda
Data de celebración: 2011-07-13 17:00:00

Juan Luís Blanco Paulino Estévez Xurxo Mariño Pablo Ramil Xusto A. Rodríguez


Representantes de institucións que realizaron publicacións científicas en galego
Xurxo Mariño. Moderador 
Juan Luis Blanco Valdés. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela 
Xulio Rodríguez. Proxecto LEXITERM 
Pablo Ramil. Director da revista Recursos rurais 
Francisco Díaz-Fierros Viqueira. Presidente do Seminario de Estudos Galegos


Clausura
Data de celebración: 2011-07-13 19:00:00

Francisco Díaz-Fierros



Ficha técnica
Coordinación
» Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Inauguración
» Ramón Villares
Participante
» Juan Luís Blanco
» Francisco Díaz-Fierros Viqueira
» Xurxo Mariño
» Pablo Ramil
» Xulio Rodríguez
Presenta
» Ana Seijas
Relator/a
» Martí Domínguez
» Carolina Moreno
» Juan Vicente Sánchez Andrés
Organiza
» Consello da Cultura Galega
» Sección de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade
Participantes
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
Lugar de celebración

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela