consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Conservación de rexistros sonoros
curso | 9 e 10 de xuño de 2011
Información

O Consello da Cultura Galega, a través do programa Arquivo Sonoro de Galicia, e en colaboración coa Asociación Española de Documentación Musical (AEDOM), quere contribuír á clarificación e á estandarización nos procesos de dixitalización e preservación do noso patrimonio sonoro. Dende os anos 90 os arquivos de audio, en concreto, veñen experimentando un constante e acelerado proceso de obsolescencia que obriga a unha permanente migración dun sistema a outro. Esta situación, o paso dos sistemas analóxicos aos dixitais, provoca unha permanente busca do sistema de preservación definitivo e afecta, dunha forma total, na propia catalogación e clasificación dos materiais sonoros.


Neste curso proponse unha primeira sesión onde se explican as últimas técnicas de conservación de audio, seguindo as recentes normas da IASA (International Association of Sound and Audiovisual Archives) e unha segunda sesión, dedicada á xestión e á organización dos arquivos de audio. O Arquivo Sonoro de Galicia quere, deste modo, axudar a unificar prácticas e a consolidar estándares internacionais que nos han de facilitar o intercambio e a complementaridade das tarefas arquivísticas que debemos facer entre todos para atesourar a nosa memoria sonora.


Inauguración
Data de celebración: 2011-06-09 09:45:00

Enric Giné I Guix, Enxeñeiro e músico. Profesor de Sonoloxía da Escola Superior de Música de Catalunya e de posgrao na Universitat Pompeu Fabra. Responsable de Tasso Laboratori de So
Margarida Ullate I Estanyol, Documentalista e música. Directora da Fonoteca da Biblioteca de Catalunya


Tecnoloxías para a preservación do continente e do contido sonoro
Data de celebración: 2011-06-09 10:00:00

Enric Giné I Guix


Evolución histórica de artefactos e medios para a gravación e reprodución do son
Data de celebración: 2011-06-09 11:00:00

Enric Giné I Guix


Conversión e procesado dixital: tecnoloxía, aplicacións e formatos
Data de celebración: 2011-06-09 12:15:00

Enric Giné I Guix


Sistemas de almacenamento dixital (DSS): identificadores, metadatos e bases de datos
Data de celebración: 2011-06-09 13:00:00

Enric Giné I Guix


Procedementos e técnicas de transcrición de fontes sonoras
Data de celebración: 2011-06-09 16:30:00

Enric Giné I Guix


Erros e riscos en medios e formatos dixitais
Data de celebración: 2011-06-09 17:30:00

Enric Giné I Guix


Estética e ética da posprodución do son
Data de celebración: 2011-06-09 18:30:00

Enric Giné I Guix


Filosofía e principios éticos nos arquivos sonoros. Antecedentes e situación actual
Data de celebración: 2011-06-10 10:00:00

Margarida Ullate I Estanyol


A xestión na conservación. Marco legal e administrativo. Funcións e ferramentas
Data de celebración: 2011-06-10 12:15:00

Margarida Ullate I Estanyol


Recursos relacionados coa preservación dos documentos sonoros. Formación profesional
Data de celebración: 2011-06-10 16:30:00

Margarida Ullate I Estanyol


Bibliografía e webgrafía
Data de celebración: 2011-06-10 18:30:00

Margarida Ullate I Estanyol


Hemeroteca
03-06-2011
"Curso de conservación de rexistros sonoros" organizado polo Arquivo Sonoro de Galicia
Ficha técnica
Relator/a
» Enric Giné
» Margarida Ullate
Colabora
» Asociación Española de Documentación Musical (AEDOM)
Organiza
» Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)
» Consello da Cultura Galega
Participantes
»
»
Lugar de celebración

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela